Federación Galega de Balonmán
15/04/2019 07:41

AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte. Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria,… Ver mais

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
11/04/2019 07:13 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

AD CARBALLAL, BM LALÍN E BM PORRIÑO BUSCARÁN A CLASIFICACIÓN PARA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

Chegou o momento da verdade para AD Carballal, BM Lalín e BM Porriño xuvenil feminino. Carballal e Lalín xogarán os seus sectores nacionais como locais, mentres o BM Porriño viaxará ata Ciudad Real. O obxectivo: Clasificarse para a fase final do Campionato de España, onde só estarán os oito mellores equipos (pasa o primeiro de cada grupo). O Pavillón do Loureiro acolle o Sector A onde a AD Carballal enfrontarase como primeiro clasificado galego ao BM Rocasa canario, ao IKASA BM madrileño e ao ED. BM Calamonte extremeño. Por outra banda… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
04/03/2019 06:30 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO, DIVISIÓN HONRA INFANTIL FEMININO

A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA

Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais. O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019. Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
03/04/2019 16:11 · DIVISIÓN HONRA CADETE MASCULINO

O 5, 6 E 7 DE ABRIL CELÉBRASE EN CARBALLAL A FASE FINAL GALEGA CADETE MASCULINO

Esta fin de semana, no Pavillón do Loureiro (Carballal), está en xogo unha praza para os sectores nacionais na categoría cadete masculina.  A partires do venres 6 de abril ás 18:00h catro equipos -AD Carballal como anfitrión, o Grupo Lemaco Xiria, SD Teucro Hotel Rías Baixas e o Luceros El Hormiguero- buscarán a clasificación, para ter a oportunidade de medirse aos mellores clubs de España. Para os interesados tedes o calendario adxunto.  Moita sorte a todos! 

Ver
Federación Galega de Balonmán
23/03/2019 04:11 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINO, DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

DH XUVENÍS: ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

Fin de semana clave para os conxuntos galegos xuvenís que aspiran a conseguir unha praza para os sectores nacionais. Na competición feminina o BM. Lalín e o Asmubal Meaño volven a loita tras concederse esta semana unha terceira praza adicional. As dezanas enfróntanse como visitantes ao BM. Porriño, esta mañá ás 12:15h no Pavillón Municipal dos Deportes. Un encontro que en boca de Budi adestrador do Lalín será complicado. “Todas as veces que nos xogamos algo tan importante estaba o Porriño de por medio, e por unhas cousas e outras… Ver mais

Ver
Calendário
Abril 2019
SegTerQuaQuiSexSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
Siga-nos

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.