Federación Galega de Balonmán
15/04/2019 11:32

CARBALLAL ACOLLERÁ A FASE FINAL ESTATAL XUVENIL FEMININA

O Pavillón do Loureiro en Vigo acollerá a fase final estatal da categoría xuvenil feminina do 1 ao 5 de maio. Vigo, co AD Carballal como organizador, será por primeira vez sede do mellor balonmán da categoría, onde as do Carballal buscarán coroarse como campioas de España.  Tralo sorteo celebrado pola RFEBM os grupos quedan conformados así: GRUPO I Gasóleos Vallejo Fuentes Carrionas Calfrima Carballal Avannubo La Roca Balonmano Sanse GRUPO II Maravillas Benalmádena AD. La Jota Malkaitz Eskubaloia Elche Grupo Assa Moita sorte ás… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
15/04/2019 07:41

AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte. Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria,… Ver mais

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
23/03/2019 04:11 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINO, DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

DH XUVENÍS: ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

Fin de semana clave para os conxuntos galegos xuvenís que aspiran a conseguir unha praza para os sectores nacionais. Na competición feminina o BM. Lalín e o Asmubal Meaño volven a loita tras concederse esta semana unha terceira praza adicional. As dezanas enfróntanse como visitantes ao BM. Porriño, esta mañá ás 12:15h no Pavillón Municipal dos Deportes. Un encontro que en boca de Budi adestrador do Lalín será complicado. “Todas as veces que nos xogamos algo tan importante estaba o Porriño de por medio, e por unhas cousas e outras… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 08:03

A preselección xuvenil feminina adestrará este domingo no Gatañal

A preselección xuvenil feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais. Así, o combinado adestrará o 18 de novembro ás 18:30 horas no Pavillón do Gatañal en Cangas,no que será unha sesión de traballo máis cara a decidir a convocatoria da selección galega para esta importante cita. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
31/10/2018 08:54

O DÍA 4 DE NOVEMBRO, XORNADA TÉCNICA PARA AS SELECCIÓNS XUVENÍS MASCULINA E FEMININA NA CAÑIZA

A Cañiza será a sede da xornada técnica que desenvolverán as preseleccións galegas xuvenís masculina e feminina o día 4 de novembro, tamén dentro do proceso de preparación do Campionato de España. Ambos combinados realizarán dúas sesións de traballo, sendo a segunda do combinado xuvenil masculino, un partido amigable contra o BM Saeplast Cañiza (18:30 horas, no Pavillón da Cañiza). As e os deportistas que aínda non asinaron o documento de cesión de imaxe, deberán entrega asinada antes do inicio da sesión. Nos documentos adxuntos… Ver mais

Ver
Calendário
Abril 2019
SegTerQuaQuiSexSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
Siga-nos

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.