Federación Galega de Balonmán
22/02/2019 08:14 · DIVISION HONOR FEMENINA - NACIONAL

Hoxe en Teledeporte: Super Amara Bera Bera vs Mecalia Atlético Guardés

O Mecalia Atlético Guardés afronta a xornada 16 da Liga Guerreras Iberdrola cun encontro clave para non desengancharse da loita polo liderato. As galegas Viaxan ata o País Vasco, donde se medirán man a man co segundo clasficado, o Super Amara Bera Bera que parte con catro puntos de ventaxa.  Este emocionante encontro poderémolo disfrutar hoxe en directo ás 21:00h en Teledeporte. Imaxe Cedida por Xoel Gil

Ver
Federación Galega de Balonmán
16/02/2019 13:13

OS GALEGOS ANDRÉS ROSENDO E SERGIO RODRÍGUEZ ARBITRAN A CHALLENGE CUP EN PORTUGAL

Os árbitros galegos Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez dirixen esta fin de semana unha eliminatoria da Challenge Cup en Portugal. Esta ronda da Challengue (de ida e volta) enfronta aos conxuntos do Am Madeira Andebol e ao Dombas ucraíno. Os partidos xogaranse hoxe e mañá no Pavillón Gimno Desportivo Funchal. Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez acadaron o ascenso á Liga Asobal no ano 2017 e en outubro dese mesmo mes xa debutaron na competición internacional, precisamente arbitrando un partido da Challenge Cup.

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
16/02/2019 06:20

O XOGADOR DO TEUCRO IVÁN FERNÁNDEZ, ENTRE OS NOMINADOS  AOS PREMIOS POIO MÓVESE

O balonmán, na figura de Iván Fernández, foi un dos protagonistas da gala de entrega da terceira edición dos premios "Poio Móvese", que se celebrou onte no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.  O xogador do Teucro Iván Fernández foi un dos tres nominados para o premio ao mellor deportista masculino, aínda que finalmente non recibiu o premio, que foi para o piragüista Sergio Vallejo. Iván Fernández, de 25 anos, é un extremo esquerdo que chegou ao primeiro equipo do Teucro no ano 2012. Así formou  parte do equipo que acadou o último… Ver mais

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
09/02/2019 05:36

CONSTITUÍDA A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Hoxe tivo lugar a constitución da nova xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, presidida por Bruno López Molina, que destaca por ser un grupo moi plural, no que está representada toda Galicia e cunha importante presenza de mulleres. O presidente Bruno López asegurou que "é unha xente que chega con moita ilusión e con gañas de traballar polo balonmán. Ademais é un grupo que abarca a toda Galicia e que coñece o balonmán dende abaixo". O máximo mandatario destaca as ganas de traballar de todas e todos os integrantes da directiva,… Ver mais

Ver
1 Gostei · 1 Comentários

Gostei Comentar
Federación Galega de Balonmán
07/02/2019 06:31

VARIAS XOGADORAS DO GUARDÉS E DO PORRIÑO, NA CONVOCATORIA DAS GUERREIRAS OBXECTIVO 2021

Varias xogadoras do Atlético Guardés e do BM Porriño forman parte da convocatoria dunha nova actividade das Guerreras 'Objetivo 2021', que está incluída no Programa 'Objetivo 2021' da Real Federación Española de Balonmán. Desta forma a selección española estará concentrada en Mollina (Málaga) do 21 ao 24 de febreiro. Nesta convocatoria de Carlos Viver figuran Carmen Campos, Paulina Pérez Buforn e Sara Bravo (Atlético Guardés) e Cecilia Cacheda (BM Porriño). Neste programa se traballa cun grupo de xogadoras xoves e con moito talento… Ver mais

Ver
0 Gostei · 0 Comentários

Gostei Comentar
Calendário
Fevereiro 2019
SegTerQuaQuiSexSábDom
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728   
Siga-nos

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.