Federación Galega de Balonmán
06/01/2017 12:10

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís masculina e feminina de Pontevedra

As seleccións infantís (masculina e feminina) de Pontevedra ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. A selección infantil feminina adestrará o día 4 de xuño (18:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a masculina traballará no Pavillón do Carballal (17:00 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/25/2017 05:24

O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina

En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas). Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/19/2017 07:04

O domingo 21, adestramento das seleccións alevín e infantís da provincia de Pontevedra

Este domingo 21 de maio haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o domingo 21 de maio, ás 17:00 horas, no Pavillón do Carballal. Pola súa banda, a selección infantil feminina está convocada o domingo 21 de maio (16:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará ese mesmo día no Pavillón de Redondela a partir das 18:00 horas.

Look
1 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/11/2017 13:36

O día 14 de maio, adestramento das seleccións alevín mixta e infantís de Pontevedra

Este domingo 14 de maio haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o domingo 14 de maio, ás 17:00 horas, no Pavillón do Carballal. Pola súa banda, a selección infantil feminina está convocada o domingo 14 de maio (16:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará no Pavillón de Redondela a partir das 18:30 horas.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/05/2017 14:39

Os días 6 e 7 de maio, adestramento das seleccións alevíns e infantís de Pontevedra

Esta fin de semana haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o sábado 6 na Cañiza e o domingo 7 no Pavillón Municipal de Chapela. A selección infantil feminina realizará dúas quendas de adestramento o domingo 7 de maio no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará no Pavillón do Carballal, tamén o domingo.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Calendar
June 2019
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.