Federación Galega de Balonmán
02/23/2019 14:45

A PRÓXIMA SEMANA, VISITA DA IHF ÁS INSTALACIÓNS DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

Unha delegación da Federación Internacional de Balonmán (IHF) visitará os días 25, 26 e 27 de febreiro Vigo e Pontevedra para seguir avanzando na organización do  Campionato do Mundo de Balonmán Júnior 2019, que se celebrará nestas cidades do 16 ao 28 de xullo. Desta forma, os inspectores da IHF Per Bertelsen e Marco Tosi Brandi estarán durante tres días en Galicia para visitar os pavillóns de xogo e de adestramento, así coma hoteis na cidade de Vigo. Ademais, celebraranse varios reunións de traballo cos dirixentes da Federación… See more

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
06/08/2017 12:19

O domingo 11, Campionato Galego de Seleccións Provinciais en Lalín

Aproximadamente 230 deportistas competirán o 11 de xuño no XIVº Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha das citas máis especiais da tempada, xa que podemos gozar cos  xoves talentos das categorías alevín e infantil do balonmán galego. Ademais do deporte, tamén é unha xornada de convivencia para os rapaces e para as súas familias, o que fai deste encontro unha xornada única. Outro dos encantos deste torneo é que se desenvolverá en Lalín e nun recinto emblemático, o Lalín Arena,… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
06/01/2017 12:10

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís masculina e feminina de Pontevedra

As seleccións infantís (masculina e feminina) de Pontevedra ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. A selección infantil feminina adestrará o día 4 de xuño (18:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a masculina traballará no Pavillón do Carballal (17:00 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/25/2017 05:24

O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina

En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas). Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.

Look
0 Like · 0 Comments

Like Comment
Federación Galega de Balonmán
05/19/2017 07:04

O domingo 21, adestramento das seleccións alevín e infantís da provincia de Pontevedra

Este domingo 21 de maio haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o domingo 21 de maio, ás 17:00 horas, no Pavillón do Carballal. Pola súa banda, a selección infantil feminina está convocada o domingo 21 de maio (16:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará ese mesmo día no Pavillón de Redondela a partir das 18:00 horas.

Look
1 Like · 0 Comments

Like Comment
Calendar
June 2019
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.