Federación Galega de Balonmán
02/05/2019 alle 07:49 · 2ª AUTONÓMICA MASCULINA
Testa

XALLAS E PONTEDEUME XÓGANSE O ASCENSO DIRECTO A 1ª AUTONÓMICA MASCULINA GALEGA

Este sábado día 4 (18:30 horas) o pavillón polideportivo da Casqueira (Pontedeume) será testemuña do encontro clave da Segunda Autonómica Masculina, onde o BM Pontedeume e o Xallas buscarán o ascenso á primeira categoría galega na última xornada da competición.

O BM Pontedeume  afronta o partido con gran ilusión  e pensando nas súas raíces. Un club cheo de tradición na comarca do Eume e Ferrolterra, que xa militou bastantes tempadas na primeira galega.  O adestrador Jose Deus dinos que “temos unha afección consolidada que nos apoia dende os comezos do club, e quero destacar que o esforzo vai por eles”.

A nivel deportivo, o BM Pontedeume é un conxunto diverso, combinando xogadores experimentados cun gran número de xente nova que está a dar os seus primeiros pasos na categoría sénior. Contan cun proxecto a largo prazo e confían nesta nova xeración.

Por estes motivos o adestrador declara que o ascenso non é o prioritario en principio, máis as circunstancias da tempada déronse así. Un conxunto que ven con forza dende atrás, mentres que o Xallas fixo xa unha boa tempada dende o inicio. “Os últimos partidos notamos que o noso rival ven acusando a duración da competición, máis a un só partido é diferente, trátase dunha final, e como tal, todo pode pasar” añade Deus.

Para finalizar dinos que só pensan en facer un bo partido, tal e como veñen amosando nas últimas xornadas, e sen maior presión ca de darlle unha alegría a súa afección. “Estamos orgullosos dos nosos xogadores, déronno todo e só nos queda un pequeno-gran paso. Sabemos que o Xallas é un bo rival, así o demostraron todo o ano.”

Por parte do conxunto xalleiro saben que será un encontro tan duro como bonito de xogar. Víctor Garrido, dirixente do equipo, dinos que “é moi emocionante xogarte a vida na última xornada e inda que é certo que non viaxamos no noso mellor momento de xogo, nin coa plantilla ao completo, queremos conseguir aquelo polo que levamos loitando tantos meses”.

Coñecen ao conxunto do BM Pontedeume e saben que xogar na súa casa con algo tan importante entre mans non vai ser nada doado. Un equipo que, como xa decía o seu adestrador conta con veteranía e xuventude, ademáis de con lanzamento exterior, bo xogo con pivote, extremos que finalizan ben… en resumo, e en palabras de Garrido, "un equipo completo, que defende moi ben en 6:0, con xente moi grande no centro".

Pola súa banda o Xallas fai fincapé en que teñen que ir moi centrados. “Somos un equipo xoven, dende os xogadores ata min mesmo como adestrador, e queremos aproveitar a ilusión e fame de logros importantes que hai no vestiario. Debémoslle unha alegría a nosa afección polo encontro de Poio, e se hai un día para devolverlle o apoio amosado é esta fin de semana en Pontedeume” remata.


Moita sorte a ambos conxuntos!

3 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace
Calendario
Giugno 2019
LunMarMerGioVenSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Seguici

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.