Federación Galega de Balonmán
15/04/2018 alle 15:45
Testa

BM Porriño e Carballal feminino e Cisne masculino acadan a clasificación para a Fase Final do Campionato Estatal Xuvenil

BM Porriño e Carballal acadaron a clasificación para a fase final do Campionato Estatal Xuvenil feminino, mentres que o Cisne clasificouse na categoría masculina, tras lograr a primeira posición nos diferentes sectores correspondetes á segunda fase, que se disputaron esta fin de semana.

Feminino. Na categoría feminina BM Porriño e Carballal chegaban con todas as opcións ao último partido do sector. E non fallaron. O BM Porriño venceu ao Oviedo de forma clara (22-13) e logrou así a clasificación como primeiro de grupo con seis puntos.

Pola súa banda, o Gráficas Lasa Carballal fixo a machada en Zumaia ao superar ao conxunto local, Ttakun Taberna Pulpo EK, nun apertado choque no que as viguesas amosaron a súa veteranía, a pesar da curta idade (22-23). Así, o Carballal logrou a primeira posición (6 puntos) e a clasificación.

Pola súa banda o Asmubal Meaño despediuse do sector disputado en San Sebastián de los Reyes cun empate no último partido contra o Academia Óptica Málaga Norte (30-30). O Meaño non puido loitar pola clasificación, pero polo menos despediuse puntuando.

Masculino. Na categoría masculina, o Cisne acadou a clasificación tras sumar tres vitorias no sector celebrado en Pontevedra. No último día de competición venceu ao BM Sanse por 27-23, para garantir así o primeiro posto do grupo.

Quen non puido acadar o pase para a fase final foi o BM Lalín, que tiña un grupo moi complicado co Ademar León, BM Parla  e Granollers. Aínda así o BM Lalín loitou ata o final por superar ao Granollers no último partido do sector, para finalmente caer por 28-30.


Noraboa para BM Porriño, Carballal e Cisne, e moito ánimo ao Asmubal Meaño e BM Lalín, que fixeron un gran traballo!


0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace
Calendario
Maggio 2019
LunMarMerGioVenSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Seguici

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.