CARBALLAL E PORRIÑO ILUSIONAN AO BALONMÁN GALEGO

Gran fin de semana para o balonmán feminino galego coa vitoria do Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño e o ascenso do Solimusic Events Carballal.

O pavillón municipal de O Porriño foi escenario dunha xesta histórica por parte do Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño; que acadaba doblegar pola mínima a un Atticgo Bm. Elche que tamén está na loitar polo título da EHF European Cup.

As de Isma Martínez saíron moi enchufadas a un encontro que prometía ser igualado. Cunha portería moi acertada, unha defensa moi compacta e coas ideas moi claras en ataque, as locais chegaron a obter unha vantaxe de cinco goles pasado o ecuador da primeira metade. Á volta do descanso o Atticgo Bm. Elche fixo valer a súa condición de favorito ata voltear o electrónico e poñerse un gol por enriba; a partires de aquí o encontro tivo alternancias no marcador ata que Paulina Buforn, no último segundo desatou a locura no municipal cun lanzamento dende nove metros que decantaba o primeiro encontro da eliminatoria en favor do equipo galego.

O Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño terá que desputar o encontro de volta o mércores 15 de maio en Elche, o empate ou a vitoria implicaría o pase á final das porriñesas; mentres que unha derrota nos sesenta minutos conlevaría ter que xogarse todo na prórroga.

Por outra banda, o Solimusic Events Carballal consolidou o seu ascenso á categoría de División de Honra Ouro en Zaragoza, logo de saír vitorioso nos tres encontros disputados en terras aragonesas, e será o único equipo galego nesta categoría.

As de Chiki Castro deron unha lección de garra, de disciplina táctica e de cómo afrontar un sector nacional tan complicado coma o que lles tocou disputar. As viguesas, que non partían como favoritas dende o Grupo A de División de Honra Prata acadaron vencer pola mínima ao equipo local no primeiro día, por un contundente 33 a 25 na xornada do sábado ao OAR Gracia Sabadell e por 26 a 23 nun asustado encontro ao Balonmano Montequinto.

O equipo vigués materializou a consecución do seu obxectivo, a vindeira tempada formarán parte do elenco de equipos que disputarán a Liga de División de Honra Ouro, nun único grupo que abarcará todo o mapa nacional.

O Balonmán Galego felicita e aplaude con gran alegría os grandes resultados desees dous proyectos que levan anos e anos de traballo para desfrutar dunha fin de semana coma esta.