Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 03:58

Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto. Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría. O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
13/06/2019 07:35

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA CO TORNEO DE BAIONA

Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia.… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 08:42

ROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM

Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 05:37

PABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA

Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde.  Moita sorte rapaces! 

Voir
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 05:20

YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS

Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Calendrier
Juin 2019
LunMarMerJeuVenSamDim
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Suivez-nous

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.