Federación Galega de Balonmán
04/01/2019 aux 14:22
Tête

AS SEIS SELECCIÓNS GALEGAS, CLASIFICADAS PARA OS CUARTOS DE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Pleno absoluto. As seis seleccións galegas acadaron a súa clasificación para os cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas das categorías infantil, cadete e xuvenil que se está a disputar estes días en Valladolid. Foi unha xornada moi emocionante, na que as dúas seleccións que estaban na Copa (cadete feminino e infantil masculino) acadaron o ascenso dunha forma clara. Houbo que esperar ata a tarde para confirmar o pase da selección xuvenil masculina, que despois da súa derrota, dependía do que sucedera no outro partido do grupo. Mañá todos loitarán por acadar o pase as semifinais.


Campionato de España infantil feminino: Cataluña, 22 - Galicia, 17. Foi un partido complicado para as minigalaicas, porque non foron quen de entrar na dinámica do xogo, algo que sufriron durante toda a primeira metade (10-5, ao descanso). Na segunda parte, as seleccionadoras Laura del Castillo e Yolanda Correa cambiaron o sistema e comezaron a xogar con dobre pivote  e isto se lles atragantou un pouco ás catalás, máis non foi suficiente para remontar o encontro.


Galicia, 17: Paula Comendador, Carmela Fontoira (7), Lucía Álvarez (1), Cristina González, Uxía Campos (1), Lucía Villamarín (2), Eva Rodríguez, Carla Vidal (1), Aroa Fernández (4), Blanca Rial, Sandra Alperi, Lucía Méndez, Itziar Molinos, Nerea Patiño (1), Nerea Arias e Nuria López.


Tralo sorteo, Galicia quedou emparellada con Castela a Mancha (1ª da grupo A) e o partido comezará ás 11:15 horas.

 

Copa de España infantil masculino:  Euskadi, 18- Galicia, 23. Os minigalaicos saíron a cancha moi enchufados dende o inicio, sabedores de que o ascenso estaba en xogo. Aínda así, na primeira metade cometeron varios erros no lanzamento (o porteiro de Euskadi foi o mellor do seu equipo) e por iso non puideron romper o marcador. Na segunda parte, Galicia saíu con máis intensidade a nivel defensivo e conseguiu romper o partido con recuperacións e subidas de balón. Nos últimos dez minutos os vascos arriscaron cunha defensa presionante 3:3, pero os mini-galaicos mantiveron a calma e a vitoria nunca estivo en perigo.

                                                                                             

Galicia; 23: Hugo Pérez (1), Adrián Pérez del Río (1), Eduardo Alonso, Marcelo Gil (2), Miguel López (1), Senén Garea (1), Roberto Castro (3), Alexandre Gallego, Adrián Carrera (1), Ismael Fernández (8), Mateo Pallas, Martín Santos (2), Nuno Loxo (2), Pablo Fernández, Carlos Menduiña (1) e Anxo Fernández.


O sorteo emparellou a Galicia con Cataluña (1º do grupo A) e xogarán mañá ás 09:30 horas.


Copa de España cadete feminino: Galicia, 28 - Cantabria, 18. A selección cadete feminina acadou o ascenso tras vencer con moita superioridade a Cantabria. As rapazas dirixidas por Abel González e Ana Costas fixeron un partido moi serio en defensa, combinado cun xogo moi fluído en ataque. E así, dende o inicio. Ao descanso Galicia vencía por nove tantos (16-7). Na segunda parte, a selección galega non perdeu a concentración e seguiu adiante para confirmar a vitoria e o desexado ascenso. Destacou na faceta ofensiva Sabela Miniño con nove tantos.

 

Galicia, 28: Marian Mera, Alba Afonso, Anastasija Doder (1), Verónica de Cristófaro (2), María Currás (5), Sabela Miniño (9), Carla Baltasar, Ithaisa Trigo (3), Area Martínez, Marta da Silva (2), Antía Estévez, Sara Román (1), Laura Magdaleno (2), Yaza Alonso (3), Lorena Vaello e Helena Sánchez.

 

Mañá xogarán contra Euskadi, que foi segundo do grupo A (13:00 horas)


Campionato de España cadete masculino: Galicia, 28 - Euskadi, 36. A selección galega cadete masculina, que xa estaba clasificada para cuartos,  recibiu hoxe ante Euskadi a primeira derrota do campionato. A clave estivo na mala primeira parte do equipo en tarefas defensivas, que lle fixo encaixar 25 tantos. Na segunda metade, o equipo galego mellorou moito, pero os dez tantos de desvantaxe foron unha laxa imposible de superar.

 

Galicia, 28: José Cerqueiro, Carlos Álvarez (1), Roi Gallego (1), Mario Cancela (1), Marco García (3), Iago Costas (2), Esteban Carballido (2), Rubén Sequeiros, Sergio Blond (4), Alejandro López (1), David Álvarez, Henrique Gabriel (5), Lois García, Diego Fernández (1), Román Arboleya (3) e Daniel Virulegio (4).


Mañá a selección cadete masculina enfrontarase a Navarra, que foi primeiro do grupo A (09:30 horas)

 

Campionato de España xuvenil feminino: Madrid, 27 - Galicia, 26. A selección xuvenil feminina encaixou a primeira derrota do torneo, nun partido que non alteraba a clasificación, xa que as galegas ían ser  primeiras de grupo. O encontro estivo igualado dende inicio, con alternancia no marcador, sobre todo na primeira parte (12-12, ao descanso). Na segunda parte, varias imprecisións do equipo galego permitiron a Madrid escaparse con 3 tantos de vantaxe, e aínda que as galegas recortaron nos minutos finais,  non houbo posibilidade de remontar ( 27-26 a favor das madrileñas).

 

Galicia, 27: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (4), Sandra Blanco (3), Patricia Mallo, Adriana Mallo, Aitana Santomé (2), Silvia Leiras, Sarai Espiñeira (4), Sandra Sánchez (7), Estela López (1), Lidia Portela, Ángela Rodríguez (2), Carme Castro, Claudia Kaulback (2), Lara Docampo e Marta Martínez (1).

 

Mañá,Galicia-Asturias (09:30 horas). Asturias ven da Copa.


Campionato de España xuvenil masculino: Com. Valenciana, 29 -Galicia, 27. A selección galega xuvenil masculina caeu derrotada contra Valencia, nun partido moi igualado que se decidiu por detalles. Foi un choque entre dous rivais de gran calidade con escasas diferenzas. Así na primeira metade as distancias no marcador eran moi curtas, tanto a favor de Galicia coma de Valencia. Na segunda metade, a igualdade aínda foi maior, con continuos empates no marcador. Todo se decidiu nos dous últimos minutos. No minuto 28 había un empate no marcador (27-27), e o árbitro sinalou 7 metros e dous minutos a Jacobo Río.  O valenciano Bodi marcou (28-27) e Galicia enfrontou o último minuto e medio en inferioridade e coa necesidade de marcar. Xa non foi posible, e no último segundo, Valencia aumentou a distancia.


Con esa derrota tocaba esperar para saber se o equipo lograba clasificación para os cuartos como terceiro de grupo. Para iso, Cataluña tiña que vencer a Navarra e así foi (33-30), polo que Galicia entrou nos cuartos de final.


Galicia, 27: Víctor Doval, Mario Chan, Víctor Fernández (3), Eduardo José Cousillas, Javier Iglesias (2), Xurxo Rivas (3), Gonzalo Domínguez, Juan Enrique Lago (2), Juan Bas, Brais González (8), Cristian Remeseiro (8), Pablo González, Samuel Barciela, Óscar Otero, Jacobo Río e Rubén Fernández (1).


Mañá, nos cuartos de final: Madrid- Galicia (11:15 horas)

1 J'aime · 0 Commentaires

J'aime
Calendrier
Juin 2019
LunMarMerJeuVenSamDim
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Suivez-nous

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.