Federación Galega de Balonmán
12/03/2018 aux 14:32
Tête

Carmen Prelchi, convocada pola selección nacional júnior para a fase clasificatoria do Mundial

A viguesa Carmen Prelchi (actualmente no Granollers) foi convocada polo seleccionador nacional júnior feminino, Imanol Álvarez, para a disputa da fase clasificatoria do Campionato do Mundo de Hungría 2018, que se disputará na localidade portuguesa de Leiria do 23 ao 25 de marzo.

Imanol Álvarez citou ás xogadoras o 18 de marzo en Madrid para partir rumbo a Alburquerque (Badaxoz) e preparar alí a fase clasificatoria ata o 22 de marzo, data na que está previsto o traslado do equipo español cara a territorio luso.

O seleccionador nacional asegurou que "o primeiro partido ante Portugal é unha final, temos o colchón de que haxa dúas prazas para o Campionato do Mundo de Hungría, pero temos que saber que o choque en Leiria vai ser moito máis complicado que os amigables de Béjar, fundamentalmente porque Portugal vai estar máis motivada".

As Guerreiras Junior están situadas no Grupo 1 da fase clasificatoria xunto a Portugal, Austria e Bulgaria: aspirantes todos eles a unha das dúas prazas dispoñibles para o Campionato do Mundo de Hungría 2018.

23/03/2018 - 19:45 h. | Austria : Bulgaria
23/03/2018 - 22:00 h. | Portugal : España
24/03/2018 - 17:00 h. | España : Bulgaria
24/03/2018 - 19:15 h. | Portugal : Austria
25/03/2018 - 15:30 h. | España : Austria
25/03/2018 - 17:45 h. | Bulgaria : Portugal


Nom Taille Date
Voir convocatoria 468,41 KB 12/03/2018
1 J'aime · 0 Commentaires

J'aime
Calendrier
Décembre 2018
LunMarMerJeuVenSamDim
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Suivez-nous

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.