Federación Galega de Balonmán
18/01/2019 20:30

Loito no balonmán galego polo falecemento de Manuel González Soto

O balonmán galego está de loito. No día de hoxe deixounos Manuel González Soto, un dos baluartes do balonmán galego e español. Manuel González Soto, de 69 anos, foino todo no Balonmán Chapela, a súa casa dende que tiña 17 anos. Estivo en todas as facetas: Xogador, adestrador, directivo e presidente nos últimos vinte anos. En recoñecemento á súa traxectoria, recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia no año 2013;  a medalla de ouro da Real Federación Española de Balonmán e, hai só uns meses, o Concello de Redondela… Voir plus

Voir
1 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
17/01/2019 18:01

A Federación Galega traballa nun proxecto de promoción do balonmán base na Costa da Morte

O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, reuniuse hoxe en Camariñas coa directiva do BM Camariñas e o concelleiro de Deportes José Manuel Canosa co obxectivo de comezar a traballar nun proxecto de promoción do balonmán base na zona da Costa da Morte. Nesta reunión, na que participou a directiva do BM Camariñas con Andrés Cerdeiras á cabeza e varios adestradores do club, a federación coñeceu de primeira man as necesidades do club, mentres que o presidente presentou o seu proxecto para os vindeiros catro anos, entre… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
15/01/2019 16:10

Dúas xogadoras do Mecalia Atlético Guardés, na cuarta concentración do `Obxectivo 2021´

Dúas xogadoras do Atlético Guardés, Carmen Campos e Paulina Pérez, foron convocadas para unha nova actividade das Guerreiras no programa `Obxectivo 2021´, que se celebrará do 10 ao 14 de febreiro en Valladolid. O programa 'Obxectivo 2021' deu comezo en setembro da man do corpo técnico da selección absoluta e no pasado novembro confirmou o seu bo facer adxudicándose a Turchin Cup en Ucraína fronte a seleccións como Austria, Ucraína e Ucraína sub18. Nesta ocasión, a actividade, dirixida por Carlos Viver, centrarase no partido amigable… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
07/01/2019 16:59

PRATA PARA A SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA E BRONCE PARA A CADETE MASCULINA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA 

Dúas medallas galegas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se celebrou do 2 ao 7 de xaneiro en Valladolid. Hoxe a selección galega cadete masculina logrou o bronce despois de vencer a Euskadi, mentres que o combinado cadete feminino foi prata, tras perder na final contra Cataluña. Ademais hai que destacar os quintos postos das seleccións infantís, a sexta posición da selección xuvenil feminina e a sétima da selección xuvenil masculina. Final - Campionato de España cadete feminino. Cataluña, 38 - Galicia, 24. A… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Federación Galega de Balonmán
06/01/2019 17:44

A SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA XOGARÁ MAÑÁ CONTRA CATALUÑA A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA 

A selección galega cadete feminina acadou hoxe a clasificación para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, despois de derrotar a Madrid nun gran partido. A final celebrarase mañá (10:45 horas) contra Cataluña. Pola súa banda, a selección cadete masculina loitará mañá polo bronce contra Euskadi (09:00 horas). En liñas xerais a de hoxe foi unha boa xornada para Galicia con catro triunfos e dúas derrotas. As seleccións infantil feminina, infantil masculina e xuvenil feminina tentarán acadar a quinta posición,… Voir plus

Voir
0 J'aime · 0 Commentaires

J'aime Commenter
Calendrier
Janvier 2019
LunMarMerJeuVenSamDim
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Suivez-nous

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.