Federación Galega de Balonmán
28/05/2019 13:30

Case 350 participantes na oitava edición do Viveiro de Balonmán, que se celebrará esta fin de semana

A octava edición do Viveiro de Balonmán reunirá esta fin de semana no concello de Viveiro a preto de 350 nenos e nenas chegados dende distintos puntos da xeografía galega e asturiana. Onte celebrouse a presentación do evento, coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o presidente do Balonmán Galipizza Viveiro, Enrique Villares, e o entrenador do equipo infantil e xogador do primeiro equipo vivarense, Aitor Freiría. A competición, organizada polo clube mariñano en colaboración coa Federación Galega de Balonmán, arrancará… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
28/05/2019 06:57

APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA SOLICITAR O RECOÑECEMENTO DE DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL

A Secretaría Xeral para o Deporte anunciou que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o mes de xuño. Esta solicitude poderá ser realizada de forma telemática por parte das persoas interesadas, ou ben en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os interesados deberán presentar o modelo de solicitude cuberto e asinado polo solicitante ou polo seu titor se é menor de idade, así como os Anexos I e II. No seguinte… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 17:13

GRAN PECHE DE TEMPADA PARA O BALONMÁN OURENSÁN

O balonmán ourensán disputou as finais da Copa Deputación, comezando pola mañá co turno para os prebenxamíns, benxamins e alevins, que se deron cita no pavilllón O Consello para demostrar que o futuro está garantizado. No pavillón de Maquiáns os infantís femininos e masculinos  amosaron o seu gran nivel disfrutando tamén de grandes partidos. Estas foron as clasificacións finais dunha  mañá de balonmán de calidade e convivencia entre o futuro ourensán de noso deporte: PREBENXAMIN MIXTO 1° BM VC Ribeiro REBUSCA 46 "A" 2° BM… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 12:18

Vigo acollerá a fase final do Campionato de España Infantil Feminino co Carballal como organizador

Vigo acollerá do 5 ao 9 de xuño a fase final do Campionato de España Infantil Feminino co Carballal como organizador. Hoxe tivo lugar o sorteo das fases finais (masculina e feminina) e novamente o club vigués resultó adxudicatario para a organización desta importante competición, na que participarán os oito mellores equipos desta categoría. O Faro de Vigo Carballal forma parte do grupo II xunto a Colegio Maravillas Benalmádena, HBC'74 Construcciones Saypa e Balonmano San Serván. O grupo I queda composto polos seguintes equipos: Hand… Ver más

Ver
1 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 06:33

OS DÍAS 7 E 8 DE XUÑO, CURSO DE ÁRBITR@S PARA BM PRAIA EN VIGO

A Casa do Deporte en Vigo acollerá os días 7 e 8 de xuño un curso de formación para árbitras e árbitros no eido do Balonmán Praia.  As inscripcións deberanse realizar no seguinte enderezo: formacion@fgbalonman.com e cun prezo de 20€. Faráselle entrega aos participantes dun regulamento acompañado dunha tarxeta, silbato, camiseta e gorra. Podes inscribirte ata o día 4 de xuño. Os horarios de impartición do curso serán: 7 de xuño - 16:00 a 21:00h 8 de xuño - 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00h Animádevos! 

Ver
1 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Calendario
Junio 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.