Federación Galega de Balonmán
04/03/2019 06:30 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO, DIVISIÓN HONRA INFANTIL FEMININO

A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA

Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais. O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019. Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
01/03/2019 06:51

AITANA SANTOMÉ, CONVOCADA PARA UNHA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN NACIONAL JÚNIOR 

A xogadora do BM Porriño Aitana Santomé foi convocada polo seleccionador Imanol Álvarez para a próxima actividade da Selección Nacional Júnior Feminina, que se celebrará neste mes de marzo (do 17 ao 24) en Pinto. Nesta concentración, o combinado júnior disputará dous compromisos amigables contra Helvetia Alcobendas e Santagadea Sport Sanse no Pavillón Municipal dos Soños e Pavillón Municipal Valvanera, respectivamente. O seleccionador citou ás mozas o 17 de marzo na capital para, desde alí, partir por estrada cara a Pinto. A área… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
01/03/2019 06:08

ALICIA FERNÁNDEZ, NA CONVOCATORIA DE CARLOS VIVER PARA O TORNEO INTERNACIONAL DE ESPAÑA

A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) forma parte da convocatoria das Guerreiras que disputarán o XXIII Torneo Internacional de España de Balonmán Feminino, que se celebrará na cidade de Palencia entre o 21 e o 23 de marzo. Ademais de Alicia tamén formaba parte da lista a xogadora madrileña do Atlético Guardés, Carmen Campos, que finalmente caeu da convocatoria, ao lesionarse co seu equipo e non poder viaxar. O seleccionador Carlos Viver fixo varios cambios no combinado nacional dando entrada a varias xogadoras moi novas para esta… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
28/02/2019 11:39

A Universidade de Vigo, bicampioa galega de balonmán

Esta mañá en lugo celebrábase o Campionato Galego Universitario de deportes colectivos. Unha mañá cargada de moito balonmán donde os dous conxuntos da UVigo alzaban o título por segundo ano consecutivo.  Aquí podedes ver todos os resultados:  Categoría Masculina: UDC 17 - USC 32 UVigo 36 - UDC 12 UVigo 26 - USC 18 Categoría Femenina: UDC 16 - USC 36 UVigo 37 - UDC 7 UVigo 37 - USC 28 Noraboa aos gañadores pola clasificación para o interzonal, que este ano será organizado pola Universidade De Vigo. 

Ver
Federación Galega de Balonmán
27/02/2019 13:58

Finaliza a segunda inspección da IHF a Pontevedra e Vigo polo Mundial Júnior

Pontevedra e Vigo, sedes do Campionato do Mundo 2019 en categoría Júnior Masculina, acolleron nas últimas 72 horas a segunda visita dos inspectores da IHF, Per Bertelsen e Marco Tosi, a fin de puír os últimos detalles a nivel organizativo do evento. Asegurar as mellores condicións posibles para xogadores e técnicos foi a máxima de Bertelsen e Tosi, e ambos comprobaron de primeira man as excelentes infraestruturas que ofrecen ambas as localidades, tanto a nivel deportivo como desde o punto de vista hostaleiro. Pontevedra e Vigo exhibiron… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Calendario
Marzo 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.