Federación Galega de Balonmán
14/03/2019 15:57

TRES GALEGAS, NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2004/05

Tres xogadoras galegas participarán nas xornadas de tecnificación que se celebrarán do 13 ao 19 de abril en Iscar (Valladolid). As protagonistas son Lucía Villamarín (AD Carballal), Itziar Molinos (UB Lavadores) e Yaiza Alonso (AD Carballal), que terán que incorporarase á concentración o día 13 de abril na Estación de Atocha de Madrid, dende onde partirán en autobús en dirección a Iscar. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
14/03/2019 13:00

CARME CASTRO, CONVOCADA POLA SELECCIÓN NACIONAL XUVENIL

A xogadora do BM Porriño Carme Castro foi convocada de urxencia para participar na concentración que a selección nacional xuvenil feminina celebrará nos próximos días en Béjar (Salamanca). Nesta convocatoria Galicia conta con dúas xogadoras, xa que tamén aparece na lista Adriana Mallo (AD Carballal). Durante a concentración, que se celebrará do 17 ao 24 de marzo, as Guerreiras xuvenís disputarán dous partidos amistosos contra Portugal (días 21 e 23 de marzo), que se celebrarán no Pavillón Municipal de Béjar. O obxectivo fundamental… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
13/03/2019 09:35

A USC E A FGBM ORGANIZAN UN CURSO DE ÁRBITROS EN SANTIAGO

Este mes de marzo na sala multiusos do Pavillón Universitario de Santiago, a Universidade de Santiago máis a Federación Galega de Balonmán, organizan un curso arbitral para todas as persoas que estén interesadas. Cun custe de 40€, 20 se eres estudiante da USC, todos os Luns e Mercores do 25 de Marzo ao 20 de Maio. INSCRIPCIÓNS ATA O 22 DE MARZO. 

Ver
Federación Galega de Balonmán
13/03/2019 07:43

A UVIGO FEMININA, CAMPIOA DO CUIA 2019

Onte no Pavillón Municipal dos deportes de Pontevedra celebrouse o Campionato Universitario intercomunitario de Balonmán, organizado pola Universidade de Vigo. A mañá comezaba co encontro entre a Universidade do País Vasco e a Universidade de Estremadura, un partido que comezaba axustado, pero que pouco a pouco a UPV foi dominando ata o final, onde remataban gañando con tres goles de diferenza. Como indicaba o calendario o perdedor dese encontro sería o primeiro rival para a UVIGO. Comezaban as viguesas contra a UNEX a súa andadura polo… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
12/03/2019 08:07

O venres 15, charla en Vigo do colexiado internacional Óscar Raluy

O árbitro internacional Óscar Raluy ofrecerá o venres 15 de marzo (20:00 horas) en Vigo a charla "Excelencia arbitral e balonmán moderno", que vai dirixida principalmente a árbitros, xogadores e adestradores, aínda que estará aberta ao público en xeral. A charla celebrarase na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo (R. Manuel de Castro, 40 - entrepranta). Será sen dúbida unha magnífica oportunidade de escoitar a un dos membros da parella Óscar Raluy-Ángel Sabroso, que é actualmente a mellor parella arbitral de España e unha… Ver más

Ver
1 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Calendario
Marzo 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.