Federación Galega de Balonmán
13/05/2019 a las 06:28
Cabecera

O PORRIÑO “B” XA É EQUIPO DA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA

Magnífica actuación do BM Porriño B na fase de ascenso á División de Honra Prata, que se celebrou no Pavillón Municipal do Porriño esta fin de semana. As locais conseguían o ascenso tras gañar as dúas primeiras xornadas con soltura e unha terceira que tivo moita máis emoción.

1º xornada: BM Porriño 35:22 KTM Valsebike

2º xornada: BM Porriño 35:14 EDM Aceuchal

Foi no derradeiro encontro contra o BM Zamora onde o ascenso estaba en xogo. Ambos equipos chegaban invictos a cita, cun Zamora que xa leva varios anos buscando dito ascenso.

Partido igualado de principio a fin, donde a zamorana Elba Álvarez poñía contra as cordas as do Porriño. Mais o equipo local, cun xogo excelente con pivote rompía o marcador ao seu favor pola mínima, conseguindo o ascenso por dous tantos de diferenza. (28:26)

Noraboa Porriño!

0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta
Calendario
Mayo 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.