Federación Galega de Balonmán
03/01/2019 a las 11:44
Cabecera

HOXE, CATRO TRIUNFOS GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS E MAÑÁ, XORNADA DECISIVA

Dura segunda xornada do Campionato de España de Valladolid. A pesar de que houbo catro triunfos galegos, complícase a situación da seleccións xuvenil masculina. O máis positivo, a clasificación para cuartos dos combinados cadete masculino, xuvenil feminino e infantil feminino (pese á derrota). Mañá, terceira e decisiva xornada co ascenso das seleccións cadete feminina e infantil masculina en xogo e as clasificacións finais.


Campionato de España infantil feminino: Galicia, 19 -Navarra, 20. Dolorosa derrota das minigalaicas hoxe ante Navarra, xa que o partido se lle escapou entre as mans nos últimos minutos despois de facer unha primorosa primeira metade. O gran traballo das rapazas de Laura del Castillo e Yolanda Correa  levounas a acadar sete tantos de vantaxe ao descanso (13-6). Pero na segunda parte todo cambiou. As nosas xogadoras cometeron moitos erros e en Navarra Lyndie Tchaptchet, espectacular en defensa e con sete tantos, parecía unha veterana. Así foron recortando ata poñerse por diante. Os últimos tres minutos foron emocionantísimos. Galicia tivo ata dúas ocasións para empatar. Primeiro cun lanzamento que foi ao poste e despois, no último segundo, nun balón dende o extremo que non quixo entrar.


A pesar da derrota, as minigalaicas xa están clasificadas, pero falta por saber a posición, que dependerá do que suceda no partido de mañá contra Cataluña e do Navarra-Euskadi.  


Galicia, 19: Paula Comendador, Carmela Fontoira (1), Lucía Álvarez (1), Cristina González, Uxía Campos, Lucía Villamarín (5), Eva Rodríguez, Carla Vidal (3), Aroa Fernández, Blanca Rial (4), Sandra Alperi, Lucía Méndez, Itziar Molinos (3), Nerea Patiño (1), Nerea Arias (1) e Nuria López.


Mañá a selección galega xogará contra Cataluña (13:00 horas).

 

Copa de España infantil masculino:  Galicia, 35 - A Rioxa, 17. Partido de volta contra A Rioxa e nova vitoria galega fronte a un rival moi inferior. Aos mini-galaicos costoulles atopar o seu xogo, pero a partir do minuto 15 conseguiron facerse fortes en defensa e así, con rápidos contragolpes, consolidaron unha clarísima vitoria.


Mañá Galicia (gañador grupo B) buscará o ascenso ao Campionato fronte a Euskadi (vencedor grupo A). Só vale gañar para meterse nos cuartos do Campionato.


Galicia; 35: Hugo Pérez, Adrián Pérez del Río (4), Eduardo Alonso (3), Marcelo Gil (1), Miguel López, Senén Garea (1), Roberto Castro (1), Alexandre Gallego (4), Adrián Carrera (2), Ismael Fernández (4), Mateo Pallas, Martín Santos (3), Nuno Loxo (4), Pablo Fernández (3), Carlos Menduiña (4) e Anxo Fernández (1).


Mañá Galicia xogará contra Euskadi (11:15 horas).


Copa de España cadete feminino: Galicia, 38 - Murcia, 14. A pesar dun primeiro tempo con moitos erros de lanzamento, as galegas conseguiron gañar amplamente no partido de volta fronte a Murcia, para continuar así a xeira de vitorias.


Agora chega o choque clave, no que as galegas buscarán o ascenso. Mañá enfrontaranse a Cantabria (vencedor do grupo A) e a selección vencedora logra a clasificación para os cuartos de final do Campionato de España.

 

Galicia, 38: Marian Mera, Alba Afonso (2), Anastasija Doder, Verónica de Cristófaro (3), María Currás (5), Sabela Miniño (8), Carla Baltasar (1), Ithaisa Trigo (4), Area Martínez (3), Marta da Silva (2), Antía Estévez, Sara Román (4), Laura Magdaleno (4), Yaza Alonso (1), Lorena Vaello e Helena Sánchez (1).

 

Mañá xogarán contra Cantabria en busca da clasificación para os cuartos de final do Campionato (11:15 horas)


Campionato de España cadete masculino: Asturias, 28 - Galicia, 29. Mal inicio dos galegos, o que provocou que foran a remolque todo o partido (7-4, min. 10). Chegaría o tempo de descanso cunha diferenza de 2 goles a favor de Asturias (16-14). O paso polos vestiarios non supuxo a reacción esperada nos galegos e Asturias chegou a alcanzar unha renda de cinco tantos a favor (23-18, min. 44). Pero unha exclusión dos asturianos no minuto 46 sería clave para meterse no partido cun parcial de 0-3. A partir de aí, últimos minutos de tensión máxima con constantes empates no marcador, ata que Iago Costas acadou o gol da vitoria a falta de 10 segundos para o final. Asturias aínda tivo un ataque e unha falta co tempo xa cumprido, pero o triunfo foi para Galicia, que acada así a clasificación para os cuartos de final.

 

Galicia, 29: José Cerqueiro, Carlos Álvarez (8), Roi Gallego (3), Mario Cancela (6), Marco García (2), Iago Costas (4), Esteban Carballido, Rubén Sequeiros (1), Sergio Blond, Alejandro López (1), David Álvarez (1), Henrique Gabriel, Lois García, Diego Fernández (1), Román Arboleya e Daniel Virulegio (2).


Mañá a selección cadete masculina enfrontarase a Euskadi (13:00 horas)

 

Campionato de España xuvenil feminino: Galicia, 27 - Euskadi, 26. As galaicas acadaron o segundo triunfo do torneo nun partido marcado polos altibaixos no xogo. As galegas sempre estiveron por riba no marcador, pero os cambios en defensa do equipo rival provocaron algúns erros nas galegas e así o encontro estivo aberto ata o remate do mesmo. No minuto 18 da segunda metade, as vascas lograron empatar (21-21), pero dende aí Galicia volveu mandar no marcador e enfrontou o último minuto con tres tantos de vantaxe e, aínda que recortaron, non se sufriu. De destacar a magnífica actuación da porteira Lidia Portela. Co pase asegurado a cuartos de final o equipo cumpriu o primeiro obxectivo do campionato.

 

Galicia, 27: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (5), Sandra Blanco (1), Patricia Mallo, Adriana Mallo (2), Aitana Santomé (3), Silvia Leiras, Sarai Espiñeira (8), Sandra Sánchez (3), Estela López, Lidia Portela, Ángela Rodríguez (3), Carme Castro, Claudia Kaulback (1), Lara Docampo (1) e Marta Martínez.

 

Mañá, Madrid-Galicia (09:30 horas)


Campionato de España xuvenil masculino: Galicia, 27 - Cataluña, 33. Derrota da selección galega xuvenil nun fermoso choque, con dous grandes equipos en liza. Na  primeira parte Cataluña foi mellor no xogo e no marcador,  sobre todo nos primeiros vinte minutos nos que logrou irse de ata 8 tantos de vantaxe. Nos últimos dez minutos, os rapaces de Dani Benaches e Javi Díaz melloraron e recortaron parte da desvantaxe (12-16 ao descanso). A segunda parte foi moito máis apertada entre os dous equipos, con intercambios continuos de goles. Pero a pesar das boas sensacións que transmitía Galicia, non conseguiu igualar o marcador en ningún momento. Ao remate, 27-33.


O grupo A, que xa parecía o máis complicado antes do inicio do torneo, está agora completamente tolo. Os catro equipos levan unha vitoria polo que a xornada de mañá será decisiva. Cun triunfo, de cabeza a cuartos e cunha derrota podes descender dependendo do que pase no outro encontro. Así, o choque de mañá contra Valencia será transcendental, polo que haberá que xogar con cabeza e non deixar que os nervios sexan protagonistas.


Galicia, 27: Víctor Doval, Mario Chan (1), Víctor Fernández (7), Eduardo José Cousillas (2), Javier Iglesias (7), Xurxo Rivas (2), Gonzalo Domínguez (1), Juan Enrique Lago, Juan Bas, Brais González (4), Cristian Remeseiro (1), Pablo González, Samuel Barciela (2), Óscar Otero, Jacobo Río e Rubén Fernández.


Mañá, Valencia-Galicia (09:30 horas)


1 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta
Calendario
Mayo 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.