Federación Galega de Balonmán
18/12/2017 a las 14:26
Cabecera

Xa están á venda as entradas para o Torneo Internacional de España 2018 (43º Memorial Domingo Bárcenas) - Pontevedra e Vigo

Xa podes mercar as entradas para o Torneo Internacional de España, que se celebrará en Pontevedra e Vigo do 5 ao 7 de xaneiro coa participación de España, Argentina, Polonia e Bielorrusia.

As localidades poden ser adquiridas a través do portal marcaentradas

O prezo das mesmas en venda anticipada (ata o 26 de decembro) é de 15 € por día ou de 30 € polo abono (máis gastos de distribución). Tamén se poderán mercar as entradas na sede da Federación Galega de Balonmán ou nas sedes dos clubs de balonmán de Vigo (Academia Octavio, Carballal, Galicia Social, Lavadores, Seis do Nadal) e Pontevedra (Cisne, Teucro).

Posteriormente, o prezo das localidades será de 20 € por xornada e de 40 € polo abono.

Entradas nenos/as

- Todos aqueles nenos e nenas ata categoría alevín (2007-2006) non pagarán entrada.


- Os rapaces infantís (2005-2004), cadetes (2003-2002) e xuvenís (2001-2000) pagarán 7 euros.

- O resto, nados en 1999 e anteriores, pagarán entrada de adulto.
cleardot.gif


Estes son os horarios do Torneo Internacional de España - 43 Memorial Domingo Bárcenas.

Viernes 5: P. Municipal Deportes Pontevedra
17:00h Argentina - Polonia
19:00h España – Bielorrusia

Sábado 6: P. Municipal Deportes Pontevedra
18:30h Polonia - Bielorrusia
20:30h España - Argentina

Domingo 7: Polideportivo As Travesas Vigo
17:00h Bielorrusia - Argentina
19:00h España - Polonia


Convocatoria de Jordi Ribera para Pontevedra

O seleccionador Jordi Ribera deu a coñecer unha lista de 19 xogadores para as próximas actividades da selección española (concentración en Zaragoza eTorneo Internacional en Vigo e Pontevedra). Con estes xogadores emprende a cita de Aragón, e ao remate da mesma o preparador español fará  dous descartes cara á cita de Galicia.

A convocatoria é a seguinte, co galego Rodrigo Corrales, na mesma.

  • Portería | Gonzalo Pérez de Vargas (Fútbol Club Barcelona Lassa), Rodrigo Corrales (PSG Handball), Sergey Hernández (Helvetia Anaitasuna)
  • Central | Raúl Entrerríos (Fútbol Club Barcelona Lassa), Daniel Sarmiento (Saint Raphael)
  • Lateral Dereito | Eduardo Gurbindo (HBC Nantes), Alex Dujshebaev (PGE Vive Kielce)
  • Lateral Esquerdo | Joan Cañellas (HC Vardar), Viran Morros (Fútbol Club Barcelona Lassa), Iosu Goñi (Pais d'Aix Université), Daniel Dujshebaev (RK Celje Pivovarna Lasko)
  • Extremo Dereito | Ferrán Solé (Fenix Toulouse Handball), David Balaguer (HBC Nantes)
  • Extremo Esquerdo | Ángel Fernández (Ciudad de Logroño), Valero Rivera (Fútbol Club Barcelona Lassa)
  • Pivote | Julen Aginagalde (KS Vive Tauron Kielce), Antonio Bazán (Helvetia Anaitasuna), Gedeón Guardiola (Rhein-Neckar Löwen), Adriá Figueras (Fraikin Granollers)
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta
Calendario
Julio 2018
LunMarMiéJueVieSábDom
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.