Federación Galega de Balonmán
16/02/2019 13:13

OS GALEGOS ANDRÉS ROSENDO E SERGIO RODRÍGUEZ ARBITRAN A CHALLENGE CUP EN PORTUGAL

Os árbitros galegos Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez dirixen esta fin de semana unha eliminatoria da Challenge Cup en Portugal. Esta ronda da Challengue (de ida e volta) enfronta aos conxuntos do Am Madeira Andebol e ao Dombas ucraíno. Os partidos xogaranse hoxe e mañá no Pavillón Gimno Desportivo Funchal. Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez acadaron o ascenso á Liga Asobal no ano 2017 e en outubro dese mesmo mes xa debutaron na competición internacional, precisamente arbitrando un partido da Challenge Cup.

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
16/02/2019 06:20

O XOGADOR DO TEUCRO IVÁN FERNÁNDEZ, ENTRE OS NOMINADOS  AOS PREMIOS POIO MÓVESE

O balonmán, na figura de Iván Fernández, foi un dos protagonistas da gala de entrega da terceira edición dos premios "Poio Móvese", que se celebrou onte no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.  O xogador do Teucro Iván Fernández foi un dos tres nominados para o premio ao mellor deportista masculino, aínda que finalmente non recibiu o premio, que foi para o piragüista Sergio Vallejo. Iván Fernández, de 25 anos, é un extremo esquerdo que chegou ao primeiro equipo do Teucro no ano 2012. Así formou  parte do equipo que acadou o último… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
09/02/2019 05:36

CONSTITUÍDA A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Hoxe tivo lugar a constitución da nova xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, presidida por Bruno López Molina, que destaca por ser un grupo moi plural, no que está representada toda Galicia e cunha importante presenza de mulleres. O presidente Bruno López asegurou que "é unha xente que chega con moita ilusión e con gañas de traballar polo balonmán. Ademais é un grupo que abarca a toda Galicia e que coñece o balonmán dende abaixo". O máximo mandatario destaca as ganas de traballar de todas e todos os integrantes da directiva,… Ver más

Ver
1 Me gusta · 1 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
07/02/2019 06:31

VARIAS XOGADORAS DO GUARDÉS E DO PORRIÑO, NA CONVOCATORIA DAS GUERREIRAS OBXECTIVO 2021

Varias xogadoras do Atlético Guardés e do BM Porriño forman parte da convocatoria dunha nova actividade das Guerreras 'Objetivo 2021', que está incluída no Programa 'Objetivo 2021' da Real Federación Española de Balonmán. Desta forma a selección española estará concentrada en Mollina (Málaga) do 21 ao 24 de febreiro. Nesta convocatoria de Carlos Viver figuran Carmen Campos, Paulina Pérez Buforn e Sara Bravo (Atlético Guardés) e Cecilia Cacheda (BM Porriño). Neste programa se traballa cun grupo de xogadoras xoves e con moito talento… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
06/02/2019 13:04

A Asociación de Xogadores de Balonmán celebra os seus campus de verán en Palencia e Valladolid

A Asociación de Xogadores de Balonmán (AJBM) celebrará, como todos os anos, os seus campus de verán en Valladolid e Palencia. O campus de Palencia terá lugar do 8 ao 14 de xullo é conta con 65 prazas para nenas e nenos de 7 a 18 anos. Ademais de balonmán e de ter a posibilidade de coñecer a algúns deportistas destacados, os participantes poderán gozar coas actividades deportistas e de ocio previstas.  O custe da actividade será de 435 euros e o prazo de inscrición abrirase o luns 11 de marzo. O campus de Valladolid celebrarase do 21… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Calendario
Febrero 2019
LunMarMiéJueVieSábDom
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728   
Síguenos

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.