Historia

 

A Federación Galega de Balonmáno constitúese no ano 1984 coa adecuación do deporte á realidade do Estado das Autonomías tra-la fusión e, consecuentemente, desaparición das catro Federacións provinciais. O seu presidente fundacional foi Juan J. Lorenzo Izquierdo (1984-85).

En 1985 celébranse as primeiras eleccións a presidente, nas que resulta elexido Ramiro Losada Bastos, que revalida o su cargo en posteriores convocatorias (1988, 1992, 1994, 1998 e 2002). No ano 2006 José Luis Pérez Ouro (ex árbitro internacional) foi elixido presidente da Galega e dende entón permanece ao fronte do balonmán galego.

A súa sede social radica en Vigo. Na década dos noventa o balonmán galego alcanza o seu maior punto de inflexión coa presencia de catro equipos na Liga Asobal: Teucro, Octavio, Cangas e Chapela. Academia Octavio e S.D. Teucro contan ademais co privilexio de ser os primeiros equipos galegos en tomar parte en competicións europeas.

En 1989 Galicia foi o epicentro do balonmán mundial ó organizar o Campionato do Mundo Iúnior. A selección da URSS, na que xogaba Talant Dushebaiev, alzouse co primeiro posto tras una apaixoante final contra España no Pavillón Municipal de Pontevedra.

Nos últimos anos Galicia foi acollendo competicións nacionais de renome (Copa da Raíña 2014, 2016 e 2017), partidos internacionais tanto masculinos coma femininos e gozamos coa presenza das seleccións nacionais absolutas. 

Calendar
November 2017
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.