Federación Galega de Balonmán
05/02/2019 09:34 · DIVISIÓN HONRA CADETE MASCULINO, DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO

DEFINIDOS OS SECTORES ESTATAIS CADETES, CON TRES DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Os representantes galegos cadetes femininos e masculinos xa coñecen o seu destino e rivais para a disputa dos sectores estatais da tempada 2018/2019 que se celebrarán do 16 ao 19 de maio. Galicia terá un gran protagonismo, xa que na categoría feminina AD Carballal e BM Cangas xogarán na casa e na masculina, o Cisne tamén disputará o sector ante o seu público en Pontevedra. O Carballal masculino será o único que viaxará (León). Os conxuntos femininos afrontarán a competición como anfitrións. A AD Carballal acolle en Vigo o sector A… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
04/15/2019 11:41

AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte. Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria,… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
04/11/2019 11:13 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

AD CARBALLAL, BM LALÍN E BM PORRIÑO BUSCARÁN A CLASIFICACIÓN PARA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

Chegou o momento da verdade para AD Carballal, BM Lalín e BM Porriño xuvenil feminino. Carballal e Lalín xogarán os seus sectores nacionais como locais, mentres o BM Porriño viaxará ata Ciudad Real. O obxectivo: Clasificarse para a fase final do Campionato de España, onde só estarán os oito mellores equipos (pasa o primeiro de cada grupo). O Pavillón do Loureiro acolle o Sector A onde a AD Carballal enfrontarase como primeiro clasificado galego ao BM Rocasa canario, ao IKASA BM madrileño e ao ED. BM Calamonte extremeño. Por outra banda… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
03/04/2019 11:30 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO, DIVISIÓN HONRA INFANTIL FEMININO

A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA

Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais. O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019. Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
04/03/2019 20:11 · DIVISIÓN HONRA CADETE MASCULINO

O 5, 6 E 7 DE ABRIL CELÉBRASE EN CARBALLAL A FASE FINAL GALEGA CADETE MASCULINO

Esta fin de semana, no Pavillón do Loureiro (Carballal), está en xogo unha praza para os sectores nacionais na categoría cadete masculina.  A partires do venres 6 de abril ás 18:00h catro equipos -AD Carballal como anfitrión, o Grupo Lemaco Xiria, SD Teucro Hotel Rías Baixas e o Luceros El Hormiguero- buscarán a clasificación, para ter a oportunidade de medirse aos mellores clubs de España. Para os interesados tedes o calendario adxunto.  Moita sorte a todos! 

Look
Calendar
May 2019
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.