Federación Galega de Balonmán
05/14/2019 at 11:53
Head

UB LAVADORES, EN VIGO, E BALONMÁN XIRIA LOITARÁN ESTA FIN DE SEMANA POLO ASCENSO Á  DHP MASCULINA

Os días 17,18 e 19 de maio celebraránse as fases de ascenso á División de Honra Prata Masculina, coa participación do UB Lavadores (en Vigo) e o Balonmán Xiria (en Avilés). A fase de ascenso está composta por tres grupos de catro equipos cada un e só o primeiro clasificado de cada grupo acadará o ansiado premio do ascenso á categoría de prata do balonmán español.

En Galicia poderemos gozar no pavillón de Navia do Grupo I da man do UB Lavadores, que coma anfitrión que se enfrontará ao Helvetia Anaitasuna (subcampión do grupo C), Elda C.E.E. Eldense (subcampión do grupo E) e ao campión do grupo F, o Cajasur Córdoba. 

Nesta noticia podedes atopar adxunto a oferta de bonos e prezos individuais para poder ver os partidos desta fase en Vigo. Tamén podedes mercar as localidades para a fase de ascenso na sede da Federación Galega (rúa Luis Ksado, 17 - Vigo).

Por outra banda o Balonmán Xiria, viaxará ata Avilés para formar parte do grupo II, onde se encadra co Cafés Toscaf Atlética (subcampión do grupo B), ao Unió Esportiva Sarriá (campión do grupo D) e por último ao Visconfort Maristas Algemesí (campión do grupo E).


Moita sorte aos nosos representantes! 

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
May 2019
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.