Federación Galega de Balonmán
05/09/2019 at 14:01
Head

CULLEREDO E CARBALLAL DISPUTARÁN A FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA ESTA FIN DE SEMANA COMA VISITANTES

Esta fin de semana (10, 11 e 12 de maio) disputarase a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina coa participación de AD Carballal e Balonmán Culleredo. Esta ocasión os equipos galegos xogarán como visitantes. Nesta segunda fase da Segunda División Masculina os equipos participantes están divididos en seis sectores e logran o ascenso de categoría os primeiros clasificados e os tres mellores segundos.

Así, o Balonmán Culleredo forma parte do grupo A, que se celebrará en Luanco (Asturias). Os seus rivais serán o anfitrión Villa de Luanco, Pizzeria La Nonna Balopal (Castela e León) e Urduliz Eskubaloia (Euskadi).

Pola súa banda o Granitos Ibéricos Carballal está incluído no sector F, que se xogará en Pozoblanco (Córdoba). O Carballal terá que enfrontarse a BM Pozoblanco, ADBM Calamonte (Extremadura) e BM Águilas (Murcia).

Moita sorte para os nosos representantes!

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
May 2019
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.