Federación Galega de Balonmán
03/15/2019 at 10:10 · 1ª AUTONÓMICA FEMININA
Head

1ª AUTONÓMICA FEMININA: MOAÑA-MEAÑO, UN ENCONTRO CLAVE PARA BUSCAR PRAZA NA FASE DE ASCENSO A DHPF

Este sábado ás 20:30h no Pavillón Municipal do Rosal (Moaña), BM Moaña e Asmubal Meaño xóganse dous puntos importantes para acadar o obxectivo de disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata.

O BM Moaña actualmente sitúase na táboa como líder, con dous puntos de vantaxe sobre o segundo e terceiro clasificado, o BM Porriño e o seu rival desta fin de semana. Unha primeira volta con catro empates e ningunha derrota facía ver que o conxunto do Morrazo era un firme candidato a levarse a título ligueiro.

O seu adestrador Alex Fazanes explicou que “encaramos esta semana con moita ilusión e conscientes da importancia do partido. Está claro que conseguilo triunfo é dar un gran paso para poder ocupar unha das prazas para xogar a fase de ascenso e iso, tanto para o club, como as xogadores e incluso para min como adestrador, sería algo novidoso”.

Con respecto ao partido, Fazanes sinalou que espera un choque moi axustado: “Supoño que como na ida, moi disputado e igualado e penso que os pequenos detalles serán os que decanten o marcador.  Quizá nós en canto ao xogo deberemos evitar as perdas de balón e as precipitacións xa que o Meaño castiga eses erros normalmente con goles de contraataque. Para nós a clave é non fallar en defensa, creo que é onde nos sentimos máis  cómodos e se a nosa defensa falla, adoitámolo pasar bastante mal nos partidos”.

Os nervios poden ser decisión, en opinión do técnico do Moaña, sobre todo porque o seu equipo ten menos experiencia que o rival. “O Meaño ten moita máis experiencia. O ano pasado xogaron en  DHP, conta con xogadoras que xogaron campionatos de España durante a base, incluso algunha fase de ascenso... e quizá é o que nos falta a nós. Pero  tentaremos  contrarrestalo con moita ilusión, ganas e deixándonos a pel no campo, que é o que adoitamos facer. Conto co persoal ao completo e espero que sexa un gran partido e gocémolo todos.”

Por outra banda o Asmubal Meaño, recen descendido da súa andadura na DHP, busca regresar  á segunda categoría do balonmán nacional na próxima tempada. O equipo afronta a súa primeira tempada na 1ª autonómica Galega da man da moza viguesa Cynthia Bello. Falamos con ela sobre o encontro e explica a ilusión coa que enfrontan este encontro: “A semana afrontámola con ganas, igual que estas últimas, xa que só dependemos de nós mesmas para meternos na fase de ascenso”, asegurou.

A principal duda do Asmubal é que están pendentes de Anabel Otero, que no choque do pasado sábado fronte á Cañiza, sufriu un golpe moi forte e recibiu 12 puntos de sutura, pero Bello pensa que están preparadas sexa como sexa: “Esperamos recuperala, pero aínda que non sexa así, imos saír ao partido con moitísimas ganas para ofrecer nosa mellor versión e levarnos os dous puntos”. Coinciden ambos técnicos en que todo se decidirá en pequenos detalles, así Cynthia manifestou que “vai ser un partido complicado, que se definirá polos pequenos fallos de cada equipo, igual que no partido de ida, que foi un partido moi bo, pero os erros minúsculos en ataque e defensa, nosos e delas, son os que acabaron decidindo o resultado. Supoño que este partido será un pouco igual. Será complicado e esperamos que igualado, bonito para ver e para traer afección a velo. Queremos os dous puntos e ese posto na fase de ascenso, así que iremos a por eles con todo”.

 Moita sorte a ambos conxuntos!

Calendar
March 2019
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.