Federación Galega de Balonmán
03/13/2019 at 07:43
Head

A UVIGO FEMININA, CAMPIOA DO CUIA 2019

Onte no Pavillón Municipal dos deportes de Pontevedra celebrouse o Campionato Universitario intercomunitario de Balonmán, organizado pola Universidade de Vigo.

A mañá comezaba co encontro entre a Universidade do País Vasco e a Universidade de Estremadura, un partido que comezaba axustado, pero que pouco a pouco a UPV foi dominando ata o final, onde remataban gañando con tres goles de diferenza.

Como indicaba o calendario o perdedor dese encontro sería o primeiro rival para a UVIGO. Comezaban as viguesas contra a UNEX a súa andadura polo CUIA 2019, e non deron opción as estremeñas en ningún momento do partido, acadando o resultado de 23-7.

Últimos 30 minutos da mañá que supoñían unha final para as Universidades de Vigo e do País Vasco, o vencedor do encontro acadaría o pase ao Campionato de España Universitario que este ano celébrase na Comunidade Valenciana.

O inicio do partido estivo axustado con erros de lanzamento por parte de ambos conxuntos e precipitacións a hora de atacar, máis no minuto 8:30 con un parcial de 3-0 a favor das anfitrioas rompíase o encontro ata o seu remate con resultado 18-11.

Unha competición impecable para as Galegas que mostraron a súa superioridade de principio a fin. O conxunto formado maioritariamente por xogadoras da segunda categoría do balonmán nacional e as restantes dos equipos punteiros na primeira galega, fainos esperar grandes cousas delas no CEU.

Por outra banda o equipo masculino da Universidade de Vigo, está clasificado directamente para o CEU pola retirada da UPV.

Moita sorte en Valencia!

Calendar
May 2019
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.