Federación Galega de Balonmán
03/12/2019 at 08:07
Head

O venres 15, charla en Vigo do colexiado internacional Óscar Raluy

O árbitro internacional Óscar Raluy ofrecerá o venres 15 de marzo (20:00 horas) en Vigo a charla "Excelencia arbitral e balonmán moderno", que vai dirixida principalmente a árbitros, xogadores e adestradores, aínda que estará aberta ao público en xeral. A charla celebrarase na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo (R. Manuel de Castro, 40 - entrepranta).

Será sen dúbida unha magnífica oportunidade de escoitar a un dos membros da parella Óscar Raluy-Ángel Sabroso, que é actualmente a mellor parella arbitral de España e unha das mellores do mundo. 

Óscar Raluy e Ángel Sabroso arbitraron en cinco Campionatos do Mundo de forma consecutiva, tras debutar en Suecia 2011, onde pitaron a final. A estas participaciones hai que sumarlle as dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e Río 2016 -pitaron final-, os Xogos Panamericanos de Guadalajara 2011 -pitaron final-, o Campionato do Mundo Feminino de China 2009 e os Campionatos de Europa de Serbia 2012, Dinamarca 2014 -pitaron final-, Polonia 2016 e  Croacia 2018. Sen dúbida un curriculum excepcional que amosa o bo facer desta parella canaria. O venres teremos a oportunidade de escoitar e aprender da man de Óscar Raluy.

Entrada libre.


1 Like · 0 Comments

Like
Calendar
March 2019
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.