Federación Galega de Balonmán
03/07/2019 at 09:59
Head

O vindeiro martes 12, a UVigo organiza a fase interzonal de Balonmán en Pontevedra

O martes 12 de marzo, o Pavillón municipal dos deportes de Pontevedra acolle a fase interzonal de balonmán, que concede aos campións o pase directo ao Campionato de España Universitario 2019 que se celebrará en Valencia. 

Os representantes galegos na nosa modalidade tanto en femenino como en masculino son da Universidade de Vigo, Universidade que este ano acolle o torneo como anfitrioa. 

Os encontros en categoría feminina terán unha duración dunha soa parte de 30 minutos, en cambio en categoría masculina ao tratarse de un so encontro disputarase en tempo reglamentario. 

A clasificación final virá determinada pola cantidade de puntos obtidos, sendo o sistema de puntuación de 2 pts. por partido gañado, 1 por empatado, e 0 por partido perdido. 

Ao finalizar cada encontro deberanse lanzar 3 penaltis por cada conxunto; de non haber un gañador tras esta tanda de penaltis terase que seguir lanzando ata conseguir un gañador a morte súbita. 

Para todos os interesados aquí vos deixamos os horarios: 


Modalidade Feminina:

10:00h Universidad del País Vasco - Universidad de Extremadura

11:00h UVigo - Perdedor 1º partido

12:00h UVigo - Ganador 1º partido


Modalidade Masculina:

13:00h UVigo - Universidad del País Vasco


Moita Sorte a tod@s!

Calendar
April 2019
SunMonTueWedThuFriSat
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.