Federación Galega de Balonmán
02/27/2019 at 08:42
Head

Mañá en Lugo celébrase o Campionato Galego Universitario de Balonmán.

Preséntanse a cita as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para loitar pola única praza galega que da acceso a o intersector nacional previo ao Campionato de España.

O Polideportivo do Palomar acolle un torneo a partido único no que todas as universidades se enfrontarán entre elas, e aquí tedes todos os horarios:


CATEGORÍA MASCULINA:

10:00h Universidade de Santiago de Compostela – Universidade da Coruña

12:30h Universidade de Vigo – perdedor do primeiro encontro

15:00h Universidade de Vigo – gañador do primeiro encontro


CATEGORÍA FEMENINA:

11:15h Universidade da Coruña – Universidade de Santiago de Compostela

13:45h Universidade de Vigo – perdedor do primeiro encontro

16:00h Universidade de Vigo – gañador do primeiro encontro


Por parte da USC Masculina falamos co seu adestrador Víctor Garrido o cal nos di que “este ano conta cun equipo xoven, no que os seus xogadores están en equipos punteiros da autonómica Galega e algúns tamén contan con minutos na categoría nacional. A plantilla está moi equilibrada, pese a contar coa baixa de Iván Campos e Daniel García”.

Por outra banda o equipo feminino dirixido pola coruñesa Jesica Posse señala que “A filosofía da USC é crear un grupo cohexionado que adestra durante todo o curso. Hai un equipo moi compensado con xente que xoga nos conxuntos punteiros da primeira galega como son o Asmubal Meaño, Porriño, Lalín e Guardés".  

Dentro da UVigo Felix Mojón adestrador do grupo masculino dinos "El torneo se presenta como una incógnita, sólo 3 sesiones de entrenamiento y el desconocimiento de los rivales hace que no se pueda hacer una valoración previa .Por jugadores la selección es bastante compensada y gracias a la buena respuesta de los jugadores y su disposición a colaborar hemos podido elegir entre un abanico grande de posibilidades.Las tres sesiones de entrenamientos, más que para trabajar situaciones concretas, nos han servido para conocernos y sobre todo para realizar pequeños ajustes".

Sobre o conxunto feminino, Iago Rivas fálanos “Tenemos un equipo muy compensado en cada puesto salvo en la portería. En ambos extremos y en el pivote contamos con 2 jugadoras, muy diferentes entre sí y que nos vendrá bien como alternativas a los planteamientos de los equipos rivales. En la primera línea contamos con 7 jugadoras que aportan cada una facetas diferentes al equipo, desde lanzamiento exterior, rapidez al balón, explosión en el uno contra uno... Lo que más destacaría del equipo es el nivel de compromiso y la buena dinámica de los entrenamientos, resaltando que la portera del Meaño Mónica Sineiro nos dio una grata sorpresa”.  

A universidade da Coruña é a que conta con menos xogadores/as federados no noso deporte. Máis ainda así sempre consegue sacar equipo para competir e facer que o deporte universitario en concreto no balonmán, teña representación por parte das tres universidades galegas. 

Falamos con Daniel, adestrador dos dous conxuntos coruñeses e coméntanos que de primeiras abriuse un prazo para que todas as personas que quixeran participar nos equipos puideran. Unha vez conseguidos os xogadores fai tres semanas que comezaron a adestrar durante unha hora a semana os dous grupos. 

No equipo feminino conseguiron xuntar a once xogadoras das cales nesta última semana tres foron baixa. Preséntanse ao torneo con un equipo moi reducido pero cargado de ilusión e gañas de pelexar. Xa dende un principio non puideron contar por lesión coas tres xogadoras universitarios con máis experiencia nos campionatos galegos, máis iso non será un inconvinte para que as participantes se deixen a pel na pista. 

Os homes por outro lado sí conseguiron a cifra de 14 xogadores, máis no mesmo caso das rapazas, tamén a última hora sofreron 4 baixas por accidentes laborais e lesións nos propios clubes. Inda así contan con un conxunto máis preparado  para actividade, con posibilidades de rotación e disposto para competir ao máximo. 

                                                                                              Foto de arquivo. Campións Galegos Universitarios 2018

Calendar
June 2019
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.