Federación Galega de Balonmán
02/09/2019 at 05:36
Head

CONSTITUÍDA A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Hoxe tivo lugar a constitución da nova xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, presidida por Bruno López Molina, que destaca por ser un grupo moi plural, no que está representada toda Galicia e cunha importante presenza de mulleres.

O presidente Bruno López asegurou que "é unha xente que chega con moita ilusión e con gañas de traballar polo balonmán. Ademais é un grupo que abarca a toda Galicia e que coñece o balonmán dende abaixo". O máximo mandatario destaca as ganas de traballar de todas e todos os integrantes da directiva, por facer cada día máis grande o balonmán galego. 

Nesta nova directiva hai unha importante presenza de mulleres e por vez primeira haberá unha vicepresidenta. Ela é Alicia Montes, que durante moitos anos traballou no Teucro. Alicia explicou que afronta o cargo "con moita ilusión e responsabilidade polo reto que supón poñer ao balonmán no sitio que se merece no deporte galego". Ser a primeira muller que ocupe unha vicepresidencia é un orgullo máis para Montes, que destacou "que é un acerto do presidente, apostar polas mulleres, nun deporte no que somos parte importante". A pesar de que deixou o Teucro hai anos, segue ligada ao balonmán "nunca me separei! o balonmán é unha paixón e forma parte de ti". 

A xunta directiva quedou formada así:

Presidente: Bruno López

Vicepresidenta 1: Alicia Montes

Vicepresidente: Ignacio Permuy

Vicepresidente: Fernando Mosquera

Secretaría: Marisa Sueiro

Tesoureira: Patricia Sanmiguel

Vogais: Carla Abad, Fernando Mosquera Castro, Jesús Varela, Óscar Peixoto, Óscar Pérez, Elena Estévez, Manuel Ángel López Penela, Félix Antonio Mojón e Borja Reinaldo Tajes.


Ademais, ao fronte do Comité de Competición estará Ismael Solla e no Comité de Apelación, Laura G. Solla.




1 Like · 1 Comments

Like

Alberto Terleiro Miguez 02/10/2019, 16:42

Felicidades Bruno,a seguir peleando por el Balonmano Gallego...mucha fuerza para tod@s.

Calendar
April 2019
SunMonTueWedThuFriSat
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.