Federación Galega de Balonmán
12/04/2018 at 04:48
Head

O Torneo Internacional Galicia - O Salnés celebrarase do 7 ao 9 de decembro

O Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia-O Salnés das categorías xuvenil, infantil  e cadete (masculina e feminina).disputarase do 7 ao 9 de decembro coa participación das seleccións de Galicia e Asturias e de varios clubs de Holanda e Argelia. En total participarán 18 equipos de seis categorías, que xogarán nos municipios de Cambados, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Meaño e O Grove. 

Este torneo ten como obxectivo deportivo prioritario realizar unha posta a punto das seleccións galegas cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid.Ademais, permitirá ás seleccións unhas xornadas de convivencia, que sempre son moi positivas para facer equipo.

O Torneo Internacional Galica - O Salnés é un clásico na ponte da Constitución. Este ano celebramos xa a sétima edición dun torneo que comezou co obxectivo de ser unha boa preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebra a comezos de ano, pero que significa para a zona do Salnés un reclamo turístico para a hostelería, xa que xunto as rapaces son moitos os pais e nais que aproveitan estes días festivos para acompañar aos seus fill@s e facer tamén turismo en Galicia. Este torneo non sería posible sen a colaboración de todas as institucións: Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia, Mancomunidade do Salnés e os concellos implicados.

Nos documentos adxuntos tedes toda a información sobre o torneo, así coma as convocatorias das seleccións galegas, autorización de pais/nais/titores e a información sobre o material que deben levar as e os xogadores.

Name Size Date
Look 11ª Convocatoria IM Galicia Salnés 06-09122018.pdf 509.41 KB 12/04/2018
Look 11ª Convocatoria PRESELECCIÓN GALLEGA XUVENIL FEMININO Salnés 06-091218.pdf 514.74 KB 12/04/2018
Look 11ª Convocatoria Salnés XM 6-9 diciembre.pdf 507.52 KB 12/04/2018
Look 12ºconvocatoria IF 6-91218.pdf 492.88 KB 12/04/2018
Look 8ª Convocatoria CM Galicia Salnes 6-91218.pdf 333.05 KB 12/04/2018
Look 9º convocatoria salnés 06-091218 CF.pdf 507.32 KB 12/04/2018
Look VII TORNEO INTERNACIONAL GALICIA-SALNES 2018 (V3).pdf 1.15 MB 12/05/2018
Look autorización Salnés.pdf 597.65 KB 12/04/2018
Look material necesario Salnés.pdf 570.19 KB 12/04/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2018
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
 31     
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.