Federación Galega de Balonmán
09/02/2018 at 14:56
Head

O TEUCRO REMONTA E GAÑA A COPA GALICIA

O Teucro logrou hoxe, no pavillón municipal do Rosal, proclamarse campión da Copa Galicia masculino, tras unha magnífica remontada na segunda parte contra o BM Cangas. Ao final, 34-33 para os pontevedreses e o título viaxou á cidade do Lérez.


De inicio, o choque estivo moi igualado, con dous equipos máis dedicados a atacar que defender. Así, pasaban os minutos con intercambio de goles e igualdade absoluta no marcador (7-7, minuto 10; 10-10, minuto 15; 11-11, minuto 20) ata o minuto 25 (13-13). Pero no tramo final da primeira metade varias perdas consecutivas do balón por parte dos homes dirixidos por Luis Montes permitiron que o Frigoríficos se despegase no marcador ata o 14-19 do descanso.


Pero o paso polo vestiario serviu para recompoñer ao equipo e o Teucro iniciou a remontada a base dun gran traballo defensivo, ata que no minuto 17 logrou volver empatar o choque (26-26). O partido comezaba de novo e ambos conxuntos querían o triunfo (minuto 50, 28-28), pero os pontevedreses, que viñan lanzados, lograron escaparse de dous tantos a falta de cinco minutos (29-30). O Frigoríficos pide tempo morto e novamente logran poñerse a un tanto (min. 27: 31-30). Os instantes finais foron de infarto, con intercambios de erros entre ambos equipos, ata que o último minuto é absolutamente tolo, con intercambio rapidísimo de goles. O Teucreo chega aos últimos 20 segundos con dous tantos de vantaxe, que sobre a bocina recorta o Cangas. Desta forma, título para o Teucro e a partir de agora, ambos conxuntos a pesar na Liga Asobal.


Condes de Albarei Teucro, 34: Santana; Iván Fernández (4), Moyano (6), Samu Gómez (2), Cutura (8), Rial (2) e Gerhardt (3) -sete inicial-. Lloria, Natan Suárez (7), Quintas, Remeseiro, Guille, Cangiani (2), Dani Hernández, Prada, Samu Pereiro, Alberto e Domingo Jesús.

Frigoríficos Morrazo, 33: Xavi Díaz; Menduiña (1), Mitic (5), Chapela (2), Dani Cerqueira (4), Alen Muratovic (2) y Moisés (3) -sete inicial-. Galán, Filip (1), Augusto (8), Rubén Soliño, Suso Soliño, Esteban (2), Gavidia, David Iglesias (3), Ángel e Pablo Castro (2).

Árbitros: Alberto Rodríguez Rodríguez e Lucas Crespo Gómez (colexio galego).

Incidencias: Final da Copa Galicia masculina, disputada no Pavillón municipal de O Rosal. 500 espectadores. Moita calor.


Acanor Novás, terceiro. Na loita polo terceiro posto, que se celebrou antes da final, o Acanor Novás logrou facerse co triunfo (27-23), nun emocionante choque no que os locais foron todo o tempo por diante no marcador. O Lalín non estaba disposto a renderse e na segunda parte apertou e logrou primeiro empatar e despois poñerse por diante. Pero o Acanor volveu centrarse e poñerse o mono de traballo para confirmar a vitoria.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
November 2018
SunMonTueWedThuFriSat
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.