Federación Galega de Balonmán
08/02/2018 at 14:27
Head

ESTA FIN DE SEMANA, CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA EN LAREDO CUNHA GRAN REPRESENTACIÓN GALEGA

Esta fin de semana celebrarase en Laredo (praia de a Salvé) o XX Campionato de España de Balonmán Praia, ao que Galicia acode coa maior representación de clubs (16 en total) e de árbitros (9, unha delegada e unha observadora). Este evento, que se celebrará do 3 ao 5 de agosto, suporá o punto e final á tempada de balonmán praia. Tamén alcanzará récords de participación con 228 equipos nas oito categorías loitando polo título de campións de España de balonmán praia.

Na categoría cadete participarán os equipos galegos de Veba Water e Servisub Area Bueu (femininos) e Veba os da Jrada e Servisub Area Bueu (masculinos).

En infantil tamén haberá presenza galega co Veba Water feminino e o Veba os da Jrada masculino.

Nas categorías maiores aumenta a participación. En xuvenil masculino competirán PTV HandStrand, Veba os da Jrada e Unigalia Club Balonmán Painkillers, mentres que na feminina participarán Veba Water e BMP Pescados.

Por último, en sénior feminino haberá dous equipos galegos que son Veba Water (campión galego 2018) e AC Kaló Painkillers. Na categoría sénior masculino contaremos coa participación de Servisub Area Bueu, PTV Hand Strand (campión galego 2018) e Painkillers.

Ademais, hai que destacar a enorme participación arbitral galega con nove colexiados (Óscar Fernández, Roberto Trigo, Víctor Rivera, Carlos Alonso, Erix Fernández, Marta González, Iria Rivera, Marcos Pérez e Alberto Rodríguez) a delegada federativa Paola González e a observadora e responsable da muller árbitro en balonmán praia, Vanesa Pérez.



0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
August 2018
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.