Federación Galega de Balonmán
07/11/2018 at 17:20
Head

Comezou o Torneo Nacional de Cangas de Narcea con dúas vitorias das seleccións galegas infantís

O Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea (Asturias) comezou hoxe con dúas vitorias para as nosas seleccións. Na primeira xornada do torneo o combinado masculino gañou  38-13 á Rioxa, mentres que o feminino venceu a o club Aula Cultural por 26-23.

Feminino

Galicia 26 - Aula Cultural, 23

Durante os primeiros minutos o nerviosismo era evidente en ambos conxuntos, pero as galegas lograron centrarse e lescaparse no marcador (8-3, min. 15). O Aula Cultura pediu tempo morto e logrou a reacción das súas xogadoras que foron quen de achegarse moito ás galaicas. Ao descanso, 13-12. Pero as galegas non baixaron os brazos, uníronse máis en defensa para volver despexar o marcador e poñer o 18-13 no ecuador do segundo tempo. Nos últimos minutos, varios erros na finalización e o rival, que nunca baixou os brazos, provocou un apertado 26-23 final.

Mañá a selección galega xogará contra Madrid (10:45 horas).


Masculino

Galicia, 38 - A Rioxa, 13.

O partido comezou cunha moi boa intensidade da defensa galega marcando as pautas do que ía ser o choque. Así lograron escaparse no marcador cun 5-1 nos primeiros 5 minutos e ao descanso, 19-6. Na segunda parte o equipo galego, pola enorme diferenza no marcador, baixou un pouco a intensidade, con algúns descoidos defensivos e varios fallos de lanzamentos. Ao final, 38-13.

Mañá o combinado galego enfrontarase a Cataluña (17:15 horas)


0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
November 2018
SunMonTueWedThuFriSat
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.