
As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, cuartas no Campionato de España
Escapouse a medalla para as seleccións galegas xuvenís no primeiro Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrou esta fin de semana en Getafe. Finalmente os combinados galegos masculino e feminino remataron na cuarta posición, pero facendo un magnífico traballo e dando unha excepcional imaxe.
A selección galega feminina caeu ante Cantabria na loita pola terceira posición. As galegas xogaron ben e crearon numerosas ocasións de gol, pero con escaso acerto ante a portería contraria. Finalmente, as galaicas perderon 2:0.
Na categoría masculina, Galicia xogaba contra Castela a Mancha, e atopouse cun muro na portería manchega, así como con rápidas transicións en ataque. O combinado galego buscou solucións, pero non puideron evitar a derrota final.
Os seleccionadores amosaron a súa satisfacción polo rendemento das e dos xogadores.