Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 at 13:12
Head

As seleccións galegas masculina e feminina enfrontaranse á República Dominicana en Lalín e Bueu

A selección galega masculina absoluta terá un dobre enfrontamento contra a selección da República Dominicana, tal e como fixeron a pasada fin de semana as seleccións femininas en Mos. Ambos conxuntos xogarán o día 11 de xullo en Lalín (ese día tamén xogarán as seleccións femininas) e ao día seguinte, 12 de xullo, enfrontaranse en Bueu.

O día 11 de xullo a cita é en Lalín (no Lalín Arena). Ás 19:00 horas comezará o partido feminino e ás 20:30 horas, o masculino.

Ao día seguinte, 12 de xullo, a selección galega masculina xogará en Bueu (20:30 horas, Pavillón Pablo Herbello) contra o conxunto dominicano.

Nos documentos adxunto tedes as convocatorias  do seleccionador masculino Quique Domínguez e a do seleccionador feminino Abel Estévez.

República Dominicana. A Republica Dominicana está a facer unha concentración en Galicia dende finais do mes de xuño e nestas semanas disputou e disputará numerosos partidos amigables. A semana pasada a selección feminina xogou contra o BM Porriño, ademais de contra a Selección Galega. O martes 17, a selección da República Dominicana masculina enfrontarase ao Acanor Novás en Tui nun partido solidario, Cobrarase a entrada a 5 euros e o recadado será entregado á Plataforma de afectados da explosión de Paramós. Ademais o día 21 de xullo enfrontarase ao BM Cañiza (Pavillón Municipal da Cañiza, 19:00 horas).

Name Size Date
Look 2ª convocatoria Abs. Fem. julio 18.pdf 493.51 KB 07/10/2018
Look Convocatoria AMasc Bueu 12 julio 18 (2).pdf 496.28 KB 07/06/2018
Look Convocatoria AMasc Lalín 11 julio 18.pdf 496.38 KB 07/06/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
November 2018
SunMonTueWedThuFriSat
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.