Federación Galega de Balonmán
05/16/2018 at 10:38
Head

Mañá celebrarase en Vigo o Día do Balonmán na Rúa con máis de 2.000 participantes

Mañá 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase en Vigo a  undécima edición do Día do Balonmán na Rúa, que é a festa de clausura das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación provincial de Pontevedra da tempada 2017/18. Na edición deste ano hai máis de 160 equipos inscritos, disputaranse  máis de 330 partidos e participarán uns 2.000 nenos e nenas das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia. Ademais este ano as e os participantes, así como todos aqueles que se acheguen ata a zona de ocio do Balonmán na Rúa, terán a posibilidade de facerse fotos co trofeo de campión do Europeo sénior, acadado pola selección española hai uns meses en Croacia.

Durante a xornada lúdico-deportiva, que comezará ás  10:00 horas, os rapaces (de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos) disputaranse  máis de 330 partidos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino nos 11 campos dispostos ao longo da rúa Arenal. Ao finalizar a competición (18:00 horas, aproximadamente) celebrarase o acto de clausura no que se procederá á entrega dunha medalla conmemorativa a todas e todos os xogadores participantes no Balonmán na Rúa.

O Día de Balonmán na Rúa é o broche de ouro ás Escolas Deportivas da Deputación Provincial, que se celebran entre os meses de outubro e maio. Dende hai once anos a Federación Galega de Balonmán conta co patrocinio da Deputación para a celebración destas escolas, que achegan o balonmán aos máis pequenos.

 Europeo de Croacia. Con motivo do histórico ouro logrado polos Hispanos no pasado Campionato de Europa de Croacia, a Real Federación Española de Balonmán presentou  no mes de  abril un magnífico RoadShow, que permite achegar o trofeo acadado en terras croatas a todos os afeccionados ao balonmán español.

Os nenos e nenas (e tamén maiores) poderán facerse fotos co trofeo continental, así como ocupar o lugar de Raúl Entrerríos nunha imaxe de tres metros de largo do podio, alzando o trofeo xunto a todos os xogadores e corpo técnico. Esta exposición é itinerante e xa estivo no Ejido (Campionato de Andalucía de Clubs categoría cadete) e en Madrid, coincidindo coa Copa do Rei.


 

Name Size Date
Look CALENDARIO DEFINITIVO BALONMAN NA RUA 2018.pdf 1.06 MB 05/16/2018
Look PLANO DE DISTRIBUCIÓN.pdf 163.57 KB 05/16/2018
Look PLANO_DE_ACTIVIDAD.pdf 316.30 KB 05/16/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
September 2018
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.