Federación Galega de Balonmán
05/14/2018 at 11:10
Head

Paola González estará como delegada federativa da IHF nos Xogos Olímpicos da Xuventude 2018

A galega Paola González foi convocada pola IHF para participar como delegada federativa de balonmán praia nos Xogos Olimpicos da Xuventude, que se celebrararán este ano en Bos Aires.

Será a primeira vez que esta modalidade deportiva, o balonmán praia, forme parte do calendario destes Xogos da Xuventude. A competición de balonmán praia disputarase do 8 ao 13 de outubro e aí estará Paola representando ao balonmán galego.

A galega expresou a súa ledicia ao coñecer a noticia: "A posibilidade de estar nos Xogos Olímpicos da Xuventude é unha oportunidade única, un soño convertido en realidade". Paola, que é delegada federativa da IHF dende o ano 2016, non pode estar máis satisfeita "por esta aventura na que me embarquei hai uns anos" e agradeceu a apoio recibido por parte da Federación Galega.


0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
May 2018
SunMonTueWedThuFriSat
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.