Federación Galega de Balonmán
05/07/2018 at 13:55
Head

O Novás xogará en casa a fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina, mentres que o Xiria viaxa a Santoña

A Real Federación Española de Balonmán sorteou hoxe a distribución dos grupos que conforman a fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina, na que participarán o Acanor Atlético Novás (que xoga en casa) e o Calvo Xiria, que viaxará a Santoña.

Esta segunda fase da tempada disputarase do 18 ao 20 de maio, e nela os 12 equipos clasificados loitarán polas 3 prazas que se outorgan para ascender á categoría de prata do balonmán español. A fase de ascenso a División de Honra Prata Masculina está composta por tres grupos de catro equipos cada un -dous primeiros e dous segundos-, nos que lograrán o ansiado premio do ascenso os tres primeiros clasificados.

Os  grupos quedaron así:

Grupo A ( Algemesí): Deportivo Safa, Sant Martí Adrianenc, Visconfort Maristas Algemesí e Anaitasuna

Grupo B (O Rosal): Acanor Atlético Novás, Dominicos Zaragoza, Sant Esteve Sesrovires e Balonmán Montequinto Cidade Dos Hermanas

Grupo C ( Santoña):ACV Balonmán Santoña, Club Balonmán Elda C.E.E., Calvo Xiria e Cajasur Córdoba de Balonmán


Todos os encontros desta fase de ascenso a División de Honra Prata Masculina poderanse ver en directo a través do streaming da Real Federación Española de Balonmán.

Name Size Date
Look ACTA SORTEO PRIMERA DIVISIÓN MASCULINA FASE FINAL 2017-18.pdf 1.21 MB 05/07/2018
Look CAL GI 1MASC 1718.pdf 49.50 KB 05/07/2018
Look CAL GII 1MASC 1718.pdf 49.67 KB 05/07/2018
Look CAL GIII 1 MASC 1718.pdf 49.50 KB 05/07/2018
Look PROGRAMACION FF 1M 1718.pdf 66.68 KB 05/11/2018
Look SEDES FF 1MASC 1718.pdf 592.61 KB 05/07/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
July 2018
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.