Federación Galega de Balonmán
04/14/2018 at 15:17
Head

Cisne e Lalín, con opcións de clasificarse mañá para a fase final do Campionato Estatal Xuvenil Masculino

A falta dunha xornada para o remate da fase zonal do Campionato Estatal Xuvenil Masculino, que se está a celebrar esta fin de semana, tanto BM Lalín coma Cisne teñen opcións de lograr a súa clasificación para a fase final, que terá lugar no mes de maio.

No sector A, disputado en Lalín, o equipo anfitrión ten aínda opcións de clasificarse, nun sector moi aberto, no que podería producirse un triple empate. O Clínicas Deza Lalín gañou ao BM Parla (27-21) pero perdeu pola mínima contra o Ademar León (24-25). Mañá xogará contra o Granollers (12:45 horas) e pode producirse un triple empate entre Lalín, Ademar e Granollers. O conxunto galego necesita vencer por varios goles.

No sector B, celebrado en Pontevedra, o Cisne leva pleno de vitorias nas dúas primeiras xornadas. Pero todo se decidirá no terceiro partido, no que o Cisne necesita ganar ao BM Sanse (12:00 horas) para clasificarse.

No seguinte enlace podedes seguir os resultados e a clasificación:

Xuvenil masculino

Moita sorte!!

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
April 2018
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.