Federación Galega de Balonmán
04/14/2018 at 15:01
Head

Pendentes de BM Porriño e Carballal, no sector xuvenil feminino

Emoción ata o final nos sectores A e B ga segunda fase do Campionato Estatal Xuvenil Feminino, que se está a disputar esta fin de semana. En xogo, a clasificación para a fase final do Campionato Estatal.

BM Porriño venceu nos dous primeiros partidos do sector A, que se está a disputar na localidade galega, e todo decidirase no choque de mañá (12:00 horas) contra o Oviedo, que tamén ten 4 puntos. En caso de empate, logra a clasificación o BM Porriño.

Pola súa banda, o Gráficas Lasa Carballal tamén esta a facer un sector impecable en Zumaia. Venceu nos dous primeiros partidos e mañá xogará contra o Ttakun Taberna Pulpo IK, tamén coa clasificación en xogo. Ambos conxuntos teñen catro puntos e todo terá que decidirse mañá (12:30 horas). En caso de empate, o gol-average favorece ao Carballal.

Non tivo a mesma sorte o Asmubal Meaño, que perdeu os dous primeiros partidos do sector F, en San Sebastián de los Reyes.

Podedes seguir os resultados destes sectores no seguinte enlace.

Xuvenil feminino

Moita sorte aos nosos equipos!

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
September 2018
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.