Federación Galega de Balonmán
04/12/2018 at 15:05
Head

Jota Muñoz, novo director técnico da Federación Galega de Balonmán

Jota Muñoz (ex-xogador de balonmán, adestrador e licenciado en INEF) é o novo director técnico da Federación Galega de Balonmán.

Jota leva toda a súa vida ligado ao balonmán. Primeiro como xogador (Porriño, OAR Coruña, Lavadores e Cabo de Peñas), despois como adestrador (en Portugal e en varios clubs galegos coma o Novás, Cabo de Peña, Carballal,...) e tamén colaborou coa Federación impartindo clases en cursos de adestrador; ou coma axudante do seleccionador Quique Domínguez, coa selección galega absoluta. Agora emprende un novo camiño coma director técnico da federación e, por tanto, máximo responsable das seleccións galegas. 

Desexámoslle a mellor das sortes nesta nova tarefa que emprende coa máxima ilusión.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
November 2018
SunMonTueWedThuFriSat
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.