Federación Galega de Balonmán
03/09/2018 at 05:02
Head

UVigo representará a Galicia na fase interzonal que da o pase á final do Campionato de España Universitario

A Universidade de Vigo (UVigo) proclamouse campioa galega universitaria de balonmán,tanto na categoría masculina coma na feminina, no campionato celebrado esta semana nas instalacións de INEF da UDC. Desta forma, o 21 de marzo, a UVigo representará a Galicia no Interzonal que se celebrará en Cantabria é que dará o pase á final do Campionato de España Universitario.

A xornada comezou cos enfrentamentos entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde os compostelans saíron victoriosos de xeito moi cómodo en categoría feminina e por unha diferencia de 3 goles en categoría masculina, logo de ir mandando no electrónico durante todo o encontro.


No segundo pase, a UVigo, con dous equipos plagados de xogadores/as de categoría de prata, venceron cómodamente á UDC, por unha diferencia de 6 goles en categoría masculina e de 12 en feminina.


Dani Ramos (CB Cisne), Román Pedreira (BM Lalín), Miguel Sío (Atl.Novás), Laura Rúa (A.D. Carballal), Carla Abad (Seis do Nadal) ou Cecilia (SAR) son algúns dos nomes que representaron á UVigo.


Na quenda de tarde, xogábanse o título nas dúas categorías a UVigo e a USC, que vencerán nos partidos matinais. Na masculina os vigueses dominaron todo o encontro, acabando cunha renta final de 13 goles, destacando sobre todo o pivote Ramos e Miguel Sío que marcaron diferenzas ante unha USC que nada puido facer ante a calidade e poderío físico vigués.


O panorama en feminino foi diferente.  Ambos conxuntos ofrecéronnos un encontro moi emocionante, que se resolveu pola mínima a prol das viguesas, nos derradeiros dez segundos. Desatacaron no encontro Ana Bouso e Manuela Pereira por parte da USC e Carla Abad e Alba Corredoira por parte da UVigo.

1 Like · 0 Comments

Like
Calendar
September 2018
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.