Federación Galega de Balonmán
03/05/2018 at 11:27
Head

A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña "Conquista os elementos" de visibilización do deporte feminino

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  “Conquista os elementos”; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións,  clubes, federacións e escolas deportivas municipais.

 Na presente campaña, celebraranse un total de 23 videoforum en 23 concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o  documental “ Contra os elementos” elaborado pola propia Deputación.  Dita proxección veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... Estes persoeiros variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

Este son os Concellos nos que terá lugar a celebración de ditos eventos:

Arzúa, Riveira, Negreira, Carballo, Betanzos, A Coruña, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes,Ferrol, Narón, Cee,Muros, Porto do Son, Ordes, Ortigueira, Santiago, Ames,Padrón, Melide, Vimianzo e Santa Comba.

O próximo 15 de marzo  12:30 no IES David Buján de Cambre celebrarase unha mesa-coloquio, baixo o nome “ Visibilizando o deporte feminino”, na que participarán a xornalista Silvia Carregal e a presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, Nuria Rodríguez.

Ao día seguinte,16 de marzo (11:00 horas, Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira) , a cita será en Negreira. Celebrarase unha charla-coloquio baixo o nome “ Deporte profesional feminino”, coa participación de Paula Mayobre (atleta e adestradora) e Laura Delgado (xogadora de rugby).

Name Size Date
Look Diptico 490.40 KB 03/05/2018
Look Mesa Cambre 1,014.83 KB 03/05/2018
Look Mesa Negreira 1.90 MB 03/12/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2018
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
 31     
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.