Federación Galega de Balonmán
01/10/2018 at 16:52
Head

GALICIA, NUNHA FROUXA SEGUNDA METADE, PERDE CONTRA ARXENTINA NO PORRIÑO

Galicia caeu hoxe no Porriño ante Arxentina nun partido que se decidiu na segunda metade. O partido comezou moi igualado, pero tralo descanso os arxentinos foron mellores e lograron o triunfo final.

                                                                 

A selección galega de Quique Domínguez era moi diferente a de hai so dous días, xa que o seleccionador non puido contar cos xogadores do Balonmán Cangas nin Diego Piñeiro (Ademar León). Enfronte, Arxentina con todos os seus homes, no último partido amigable da súa xira por Galicia. Aínda así, o partido estivo moi igualado dende o inicio con ataques moi longos e un gran despregamento táctico. Por parte dos hispanoamericanos destacou o bo facer de Pizarro en ataque, mentres que dos galaicos, gran actuación dos extremos. Desta forma, o partido chegou ao descanso con empate no marcador.


Na segunda metade, comezaron as cousas de forma moi similar, moi poucos goles nos dez primeiros minutos e empatados (17-17). Pero Galicia quedou atascada no seu gol 17, con Schulz moi afortunado na portería, mentres que Arxentina enlazou un parcial de 7-0 que foi definitivo. O conxunto galego non estaba cómodo en ataque e non atopaba posicións claras para marcar, o que permitiu varias contras de Arxentina e as distancias seguiron medrando ata o 30-21 final.


FICHA TÉCNICA

Galicia, 21: Jorge García, Adrián Boullosa, Iván Fernández (3), Víctor Couceiro (2), David García (2), Manuel Martínez (2), Miguel Trigo, Borja Méndez (2), Román Pedreira, Daniel Hernández (1), Alexandre Dacosta (3), Ángel Iglesias, Edu Moledo (1), Juan Quintás (4), Duarte Batán (1), Miguel Porto.

Arxentina, 30: Matías Schule, Leonel Maciel, Ignacio Pizarro (3), James Lewis Parker (2), Guillermo Fischer (6), Nicolás Bonanno (2), Julián Souto, Diego Simonet, Pablo Simonet (1), Manuel Crivelli (3), Andrés Moyano (3), Federico Pizarro, Pablo Vainstein, Santiago Baronetto (6), Lucas Moscariello (3), Gonzalo Carro (1).

Árbitros: Sergio Rodríguez e Alberto Rodríguez (Galicia). Excluíron dous minutos a Daniel Hernández (2) por Galicia e a James Lewis Parker (2) e Guillermo Fischer (2) por Arxentina.

Parciais: 2-5, 5-7, 6-9, 9-11, 11-13, 14-14 (descanso), 15-14, 17-17, 17-20, 17-24, 19-25, 21-30 (final).

Incidencias: Partido amigable entre a selección galega absoluta e a selección arxentina disputado no Pavillón Municipal do Porriño. Asistiron ao choque a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Lois Pérez Ouro.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
April 2018
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.