Federación Galega de Balonmán
01/10/2018 at 06:30
Head

GALICIA XOGARÁ CONTRA ARXENTINA NO PORRIÑO POR SEGUNDA VEZ EN TRES DÍAS

A selección galega absoluta masculina volverá  enfrontarse hoxe contra Arxentina, nesta ocasión no Pavillón Municipal do Porriño (20:30 horas, entrada libre). O luns, Galicia empatou contra o combinado arxentino no Rosal (22-22), nun choque no que foi sempre por diante no marcador.


O combinado galego, dirixido por Quique Domínguez, ten moitas novidades con respecto ao equipo que xogou o luns, xa que os xogadores do BM Cangas non poden acudir á cita cos galaicos. Desta forma, a selección está formada por un núcleo moi importante de deportistas do Teucro, mesturados con membros do Novás, BM Lalín, Academia Octavio e OAR, para facer así un conxunto de bo nivel.


Enfronte estará un gran equipo dirixido por Manuel Cadenas, que está a comezar a preparación do ciclo olímpico. O conxunto arxentino está de xira por España, onde participou no Memorial Domingo Bárcenas. Neste torneo venceu a Polonia (por vez primeira) e plantou cara a España. O terceiro partido contra Bielorrusia foi o máis frouxo, e rematou na terceira posición do torneo con dous puntos.


O pasado ano, Galicia tamén xogou no mes de xaneiro, nesta oportunidade contra Xapón e logrou ofrecer un magnífico espectáculo, vencendo nin partido aos asiáticos e empatando o segundo.

Name Size Date
Look convocatoria porriño 438.37 KB 01/10/2018
0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
October 2018
SunMonTueWedThuFriSat
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.