Federación Galega de Balonmán
01/08/2018 at 16:39
Head

GALICIA E ARXENTINA ASINAN UN EMPATE NUN FINAL DE INFARTO NO ROSAL

Galicia e Arxentina empataron hoxe no Pavillón Municipal do Rosal, nun partido no que os galegos foron sempre por diante no marcador. Arxentina logrou o empate nos últimos segundos, fronte a unha selección galega moi seria que deixou en evidencia aos arxentinos en moitas fases do choque. Este foi o primeiro dos dous encontros amigables que enfrontarán á selección galega absoluta e a selección de Arxentina. O mércores 10 xogarán no Pavillón Municipal do Porriño (20:30 horas, entrada de balde).

                                                                 

Dende o inicio a selección galega absoluta foi mandando no marcador, grazas a unha moi boa defensa e a dirección do xogo do lalinense Alexandre Dacosta e Manu Martínez (Novás). Mentres a actitude dos irmandiños era excelente, Arxentina, con moitas rotacións, estaba esvaecida e moi lonxe da imaxe que amosou no Torneo Internacional de España. Ao descanso, cinco goles de vantaxe para os homes de Quique Domínguez (12-7).


Tralo descanso, Cadenas apostou polo sete titular e Arxentina comezou a xogar a outro ritmo e cunha velocidade máis na circulación do balón o cal se veu reflectido no marcador. Con Pablo Simonet mandando, Arxentina foi reducindo distancias ata que no minuto 16 quedou a só un tanto (15-14). Pero Galicia reaccionou e volveu escapar de ata catro tantos no marcador (19-15, min. 22). Sen embargo, estaba bastante claro que esta Arxentina era moito máis seria e cun parcial de 4-0 logrou o empate (19-19, min. 27). Quedaban tres minutos de grande intensidade, nos que ambos equipos mostraron que non querían perder. E así, chegamos aos últimos segundos do partido con vantaxe para Galicia tralo gol de Méndez (22-21). Cadenas pediu tempo morto para preparar a última xogada nos 10 segundos que restaban e a estratexia funcionou: Gol de Souto a falta de tres segundo e empate no marcador (22-22).

 

Galicia, 22: Jorge Lloria, Borja Méndez (5), Dani Hernández (1), Edu Salazar, David Chapela (3), Daniel Cerqueira, Moisés Simes (2), Alejandro Pombo (1), Román Pedreira, Alexandre Dacosta (1), Manu Martínez (3), Paulo Dacosta (1), Miguel Trigo, Miguel Sío (1), Germán Hermida (2), Diego Piñeiro (2).

Arxentina, 22: Matías Schule, Federico Pizarro (1), Diego Simonet, Ignacio Pizarro (3), Pablo Simonet (4), Santiago Baronetto (1), Lucas Moscariello, Andrés Moyano (1), Guillermo Fischer (3), Gonzalo Carro (1), Julián Souto (6), Manuel Crivelli (1), James Lewis Parker (1), Leonel Maciel, Nicolás Bonanno.

Árbitros: Sergio Rodríguez e Lucas Crespo (Galicia). Excluíron dous minutos a Dani Hernández e Miguel Trigo (2) por Galicia e a Nicolás Bonanno por Arxentina.

Parciais: 3-1, 4-2, 6-3, 9-4, 12-5, 12-17 (descanso), 12-9, 14-12, 15-14, 17-15, 19-17, 22-22 (final).

Incidencias: Partido amigable entre a selección galega absoluta e a selección arxentina disputado no Pavillón Municipal do Rosal. Asistiron ao partido a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández. Moi boa entrada.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
October 2018
SunMonTueWedThuFriSat
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.