Federación Galega de Balonmán
12/06/2017 at 12:07
Head

POR SEXTO ANO CONSECUTIVO CELÉBRASE O TORNEO DO SALNÉS, PREPARATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Un ano máis, e xa vai pola sexta edición, Galicia celebrará o Torneo Galicia-Salnés das categorías xuvenil, infantil e cadete (masculina e feminina). Este ano competirán polo título do torneo as seleccións de Galicia e Asturias, pero ademais participarán equipos de varios clubs galegos, que servirán como “sparring” para as seleccións, cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do mes de xaneiro de 2018 en Vigo e Pontevedra.

En total participarán 26 equipos de seis categorías, que xogarán nos municipios de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo. As seleccións galegas xa están concentradas dende hoxe e os días 7 e 8 xogarán partidos amigables contra clubs galegos (dunha categoría superior), mentres que o día 9 xogarán contra Asturias, no partido que decidirá o gañador do torneo.

Na categoría infantil masculina, as selecciones de Galicia e Asturias xogarán tamén co Cisne cadete, o Luceros cadete e o Lalín cadete. Na categoría infantil feminina, xogarán Galicia, Asturias, Cañiza (cadete), SAR (cadete) e Lalín (cadete).

Na categoría cadete masculina, xogarán Galicia, Asturias, Seis do Nadal (xuvenil) e Poio Artai (sénior), mentres que na feminina os participantes son Galicia, Asturias, Cangas (xuvenil) e BM Caselas (sénior). O seleccionador cadete masculino, Sergio Carballeira, explicou que o obxectivo fundamental neste torneo é “competir nunha contorna o máis parecido posible ao que será o Campionato de España. Poderemos poñer en práctica contra rivais de esixencia competitiva por idade e nivel, os sistemas de xogo traballados durante as sesións de domingo e concentracións, e cargar así de experiencias colectivas aos xogadores, de maneira que poidan seguir xerando asociacións entre eles máis automatizadas para alcanzar un bo nivel de xogo no Campionato de España”.

Na categoría xuvenil feminina, Galicia e Asturias, tamén xogarán contra o Porriño (sénior) e o Lavadores (sénior), mentres que na categoría masculina os equipos cos que xogarán amigables son o Lavadores (sénior) e o Rasoeiro (sénior).

O torneo. Será o sexto ano consecutivo que se organice esta actividade na comarca do Salnés. No 2012 era só un torneo cadete; ao ano seguinte incorporouse a categoría infantil; no 2014 sumouse a xuvenil e nos últimos anos houbo equipos estranxeiros participantes.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración de todas as institucións (Deputación Provincial, os concellos implicados, a Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia), que apostan por un torneo de deporte base. Ademais, esta iniciativa supón unha importante reactivación para o sector hostaleiro destes municipios nunha época frouxa no turismo.


0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2017
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.