Federación Galega de Balonmán
09/18/2017 at 06:38
Head

Co ascenso de Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez, xa son tres os árbitros galegos na Liga Asobal

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao árbitro ourensán de balonmán Andrés Rosendo López, quen vén de acadar a categoría de árbitro internacional europeo EHF, e que terá o seu debut na máxima categoría do balonmán o vindeiro 23 de setembro en Zamora, nun partido da liga Asobal, xunto á súa parella arbitral, o tamén galego Sergio Rodríguez.

O presidente do goberno provincial felicitou a Andrés Rosendo (Ribadavia, 1989) por ser o primeiro árbitro ourensán deste deporte no ámbito nacional e internacional, e animouno a continuar polo camiño dos éxitos deportivos, levando o nome de Ourense polo mundo, asociado ao deporte.

Na recepción na Deputación, Andrés Rosendo estivo acompañado por José Manuel Pérez Otero, vicepresidente da Federación Galega de Balonmán e delegado en Ourense; Lisardo Pérez Fernández, directivo da federación galega, e Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación de Ourense.

Tres árbitros galegos Asobal. Co ascenso de Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez, xa son tres os árbitros galegos presentes na máxima categoría do balonmán español, ao sumarse a Alberto Rodríguez, xa un veterán na Asobal, con case vinte anos de experiencia. Ademais, hai que sumar a Rafael García Mosquera, aínda que este galego está colexiado por Andalucía.

1 Like · 0 Comments

Like
Calendar
October 2017
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.