Federación Galega de Balonmán
09/09/2017 at 09:36
Head

O Guardés busca a clasificación para a Champions

O Guardés buscará esta fin de semana o pase para a Liga de Campións. Thüringer HC, Hypo Niederösterreich e o H 65 Höors HK -vello coñecido das guardesas- son os equipos encadrados co Mecalia no grupo 2, que terá como sede o pavillón Wiedigsburghalle da localidade alemá de Nordhausen. Este grupo reúne ao campión das ligas española, sueca e austríaca e ao segundo clasificado da alemá, que conta nas súas filas coa Guerreira Macarena Aguilar.

O torneo arrincará para as de Prades o sábado ás 14 horas coa semifinal ante o Thüringer HC. O partido será arbitrado polos macedonios Dimitar Mitrevski e Blagojche Todorovski e poderase seguir en streaming a través da canle da EHF (ehftv.com). A segunda semifinal medirá conxunto sueco e ao austríaco coa arbitraxe de Maric e Masic (Serbia) a partir das 16:30 h. O encontro polo terceiro e cuarto posto xogarase o domingo ás 12:30 horas, estando a final programada para as 15 h.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
November 2017
SunMonTueWedThuFriSat
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.