Federación Galega de Balonmán
09/02/2017 at 16:10
Head

O Rocasa sorprendeu ao Guardés e acadou a Supercopa

Vitoria do Rocasa Gran Canaria ACE sobre o Mecalia Atlético Guardés (26:28, 10:14 no descanso) nas Travesas, na gran final da XVIII Supercopa de España de balonmán feminino. Magnífico ambiente nas gradas do pavillón vigués, con máis de tres mil persoas, que non deixaron de animar ao conxunto galego, a pesar de ir sempre por detrás no marcador. Excelente ambiente e moita deportividade, ao recoñecer con aplausos o triunfo das canarias.

O partido tivo cor canaria dende os primeiros compases, xa que o Rocasa Gran Canaria ACE gozaba da súa primeira vantaxe no marcador por medio de Lusson e Mbengue. O Mecalia Atlético Guardés non parecía cómodo sobre a pista, e cun tanto nos primeiros 10 minutos ía obrigar ao seu adestrador, José Ignacio Prades, a deter o cronómetro para acougar ás súas xogadoras. A charla do técnico non ía fornecer o efecto esperado, e o conxunto insular volvía incrementar a súa renda ao aproveitar as perdas de balón do rival.

José Ignacio Prades, atafegado polo inicio de partido das visitantes, ía parar o reloxo unha segunda vez con 5 tantos en contra. A defensa en avanzado de Jénnifer Gutiérrez sobre María González reducía timidamente o perigo do equipo canario que, con todo, acabaría por atopar a Tiddara Trojaola no extremo esquerdo para superar o dispositivo defensivo do conxunto local. O Mecalia Atlético Guardés, a pesar de todo, seguía sen atopar o camiño da portería de Silvia Navarro, excelsa na primeira metade. Así, ao descanso, a diferenza reflectida polo marcador era de 4 goles, ao maquillar Carla Gómez o marcador na última xogada, previa perda de balón insular.

O regreso a pista de ambos os equipos non ía modificar o rumbo do partido. O Mecalia Atlético Guardés buscaría diferentes alternativas para reducir a brecha no marcador, pero a fortaleza defensiva do conxunto insular, unido á efectividade de Silvia Navarro en portería, estabilizaría a diferenza nunha pinza de 4 e 5 tantos. Anthia Espiñeira asumía todo o protagonismo no ataque galego, pero sen chegar a facer perigar a renda visitante.

Finalmente, o Rocasa Gran Canaria ACE de Antonio Moreno ía facer coa vitoria, a pesar do empuxe final do Mecalia Atlético Guardés que, alentado polo seu público, reducía a dous tantos o marcador final. Anthia Espiñeira por parte das galegas, e Tiddara Trojaola no equipo canario, eran recoñecidas co galardón de Guerreira Iberdrola da XVIII Supercopa de España de balonmán feminino.


0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2017
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.